O CESM secundará a folga en Atención Primaria de abril
A Confederación Española de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) secundará a folga convocada en defensa da Atención Primaria en Galicia en demanda dun financiamento "xusto, independente e finalista" que "permita a dotación dos recursos humanos e técnicos necesarios para manter unha sanidade pública digna e de calidade".

"Levamos anos alertando sobre a deterioración que se estaba producindo na sanidade pública, mentres a Xunta miraba para outro lado, polo que nos vemos obrigados a recorrer á folga para facernos oír dunha vez por todas", asegurou o secretario xeral de CESM Galicia, Antonio Otero, segundo recolle a organización nun comunicado.
A folga, que terá unha duración de tres días, comezará ás 8,00 horas do martes 9 de abril e finalizará ás 8,00 horas do venres día 12.
Neste sentido, Otero considerou que o que ata agora demandaron da administración "non é outra cousa que o minimamente necesario para atender aos cidadáns da forma que merecen" así como "recoñecer aos profesionais os esforzos realizados desde a crise".
Escribe o teu comentario