A Xunta Directiva de ‘TESGALICIA’, ante a situación que viven, enviou unha carta ao Departamento de Preventiva do SERGAS, ademais de dirixir solicitudes de amparo a Pedro Sánchez, a Salvador Illa e Pablo Iglesias.
Preocupación por un novo repunte na área sanitaria da cidade olívica, a única de todas as áreas galegas que foi dando saltos desde que a Xunta aplicou o cambio metodolóxico o pasado 28 de abril. Con saltos nos seus gráficos os días 30 de abril (40 casos novos) e 3 de maio (5 casos novos), este mércores os datos son realmente desalentadores: 85 novos casos nas últimas 24 horas.
Os peores presaxios estanse confirmado: os resultados do estudo de seroprevalencia do SERGAS mostran que case ninguén en Galicia está inmunizado. O resultado é un número preocupantemente baixo de positivos, sobre o 1%, confirman desde Asociación Galega de Medicina de Familias e Comunitaria. Unha AGAMFEC que reclama deixar xa de gastar recursos humanos e técnicos no polémico estudo.
O sindicato médico O'Mega esixe "probas eficaces e fidedignas" de diagnostico para a COVI-19 a todos os profesionais de Atención Primaria antes de aplicar un "plan de volta á normalidade" nos centros deste nivel asistencial.
Así se pode concluír da gráfica da evolución diaria nas áreas sanitarias do SERGAS, que Galiciapress volve retomar con actualiazaciones diarias despois de varios días de incertidubmre polo baile de datos oficiais. Galiciapress tivo que deixar de actualizar a gráfica -que cada día seguían miles de persoas- polo cambio metodolóxico do 28 de abril.
A oposición critica que os recortes que afectaron á Sanidade durante os gobernos de Alberto Núñez Feijóo son a explicación á preocupante falta de camas nos hospitais de Galicia, aínda que desde o PPdeG insisten en que a comunidade cumprirá co cociente establecido polo BOE na marxe de tempo establecido.
Así se pode concluír da gráfica da evolución diaria nas áreas sanitarias do SERGAS, que hoxe volve publicar Galiciapress.Galiciapress tivo que deixar de actualizar a gráfica -que cada día seguían miles de persoas- polo cambio metodolóxico do 28 de abril.
“A Atención Primaria vai cobrar unha importancia absoluta durante a desescalada”. Así o declarou Pedro Sánchez na súa última comparecencia e así o levan reafirmando os profesionais da sanidade pública desde hai semanas, á vez que advirten que os recortes que levan sufrindo durante anos deixaron a este servizo nunha situación moi delicada a pesar de ser a primeira liña de batalla ante o coronavirus.
Desde o complexo hospitalario herculino, que pertence ao área sanitaria galega máis castigada polo coronavirus, promoven o uso da máscara na desescalada.
Ou os test non funcionan ben ou o virus apenas circulou por Galicia. Sexa como sexa, ningunha das dúas explicacións é boa, xa que un erro masivo nos resultados dos test alteraria os resultados dun estudo que promete ser fundamental para preparar unha segunda onda do virus. Con todo, o feito de que o virus circulase pouco pola comunidade, tamén significaría que Galicia é especialmente vulnerable ante un rebrote da enfermidade.
O sindicato de Profesionais dá Sanidade Galega Pública (PROSAGAP) presentou ante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia unha denuncia penal contra altos cargos da Xunta, como o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e os xerentes das sete áreas sanitarias galegas.
As escenas que se reproduciron onte, primeiro día de desconfinamiento controlado, nalgúns puntos de España preocupa moito en Moncloa, sobre todo agora que España está tan preto de cumprir os obxectivos que propiciarían a desescalada. O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias censurou “algúns comportamentos dalgúns grupos”.
A Asociación Galega de Medicina Familias e Comunitaria (AGAMFEC) propón unha “táboa de exercicios respiratorios” para axudar ás persoas convalecentes do coronavirus. O fin dos exercicios é “manter sans os nosos pulmóns e facerlle fronte ao coronavirus ben preparados”.
Tamén queremos saber que pasou coas conclusións do Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia, onde 250 persoas traballamos arreo para ter un Novo Modelo de Atención Primaria e que o Sr. Feijóo aparcou nun caixón e facendo el de “especialista” en todas as materias.
Galiciapress entrevista a Jorge Aboal, o director xeral corresponsable de o estudo epidemiolóxico do SERGAS, que desde este xoves rastrexa as defensas dos galegos contra o coronavirus.
Desde En Marrea solicitan test para os sanitarios encargados de examinar ás persoas que compoñerán a mostra do SERGAS. Ademais, cuestionan a necesidade de poñer en marcha o estudo sen avaliar á totalidade dos profesionais que compoñen a vangarda da loita contra o coronavirus.