A área de Vigo dispárase con 85 novos casos e frea a súa recuperación, indican os datos do SERGAS


Preocupación por un novo repunte na área sanitaria da cidade olívica, a única de todas as áreas galegas que foi dando saltos desde que a Xunta aplicou o cambio metodolóxico o pasado 28 de abril. Con saltos nos seus gráficos os días 30 de abril (40 casos novos) e 3 de maio (5 casos novos), este mércores os datos son realmente desalentadores: 85 novos casos nas últimas 24 horas.


|

Preocupación por un novo repunte na área sanitaria da cidade olívica, a única de todas as áreas galegas que foi dando saltos desde que a Xunta aplicou o cambio metodolóxico o pasado 28 de abril. Con saltos nos seus gráficos os días 30 de abril (40 casos novos) e 3 de maio (5 casos novos), este mércores os datos son realmente desalentadores: 85 novos casos nas últimas 24 horas.

Mentres, o resto de áreas ofrecen baixadas significativas ou lixeiros repuntes nos casos de Santiago e Pontevedra. Galiciapress tivo que deixar de actualizar a gráfica -que cada día seguían miles de persoas- polo cambio metodolóxico do 28 de abril. Ese día a Xunta empezou a contar casos como manda o Ministerio de Sanidade e, por outra banda, como xa facían o resto de autonomías e cidades autónomas.


Como consecuencia, é imposible comparar a evolución actual coa de datas anteriores a ese 28 de abril. Por exemplo, os casos activos da Coruña pasaron de 1667 a 880 dun día a outro. A Xunta explicou o cambio de criterio en que deixou de considerar positivas ás persoas que non lles fixo proba PCR, ou que deron negativo nesa proba, a máis lenta e fiable.


En todo caso, as cifras desde entón mostran unha tendencia á baixa, que ata o de agora permitían ser optimista e considerar estes datos como un elemento crave  á hora de saber onde pode relaxarse a corentena, pois o Estado considera aceptar a petición da Xunta para que o desconfinamiento non sexa por provincia. Con todo, o repunte no número de casos volve acender as alarmas. 



Con Vigo e a súa escalada, hai que sumar a Santiago e Pontevedra, que aínda que na última semana sumaban rebaixas nas súas cifras, esta xornada ven incrementados os seus algarismos. Con catro novos positivos na área da capital e cinco na área do Lérez, aínda é pronto para aventurar se se trata dun rebrote ou se pola contra atende a unha situación puntual. 


Mentres, A Coruña, que onte deixou de ser a área máis afectada despois de rebaixar as súas cifras, segue co descenso, con once casos menos nos seus díxitos. O seu volume de casos o luns (24% de Galicia) era similar antes, cando se aplicaba o outro criterio estatístico (23%). Hoxe, con 669 casos activos, pasa a ser as segunda áreas con máis casos.





Pola súa banda, Ourense, Lugo e Ferrol tamén continúan coa conta atrás. A área auriense é a que arroxa os mellores datos este mércores, xa que pasa de 541 casos activos a 462: 79 casos menos en só 24 horas. Mentres, Lugo perde trece pacientes, por só dous na área da cidade departamental. 


Hai outra característica que se mantén tanto antes como despois do cambio de criterio. Lugo, Pontevedra e Ferrol seguen tendo significativamente menos casos que o resto de áreas sanitarias de Galicia.  


Este mércores 6 de maio hai a 2.808 casos activos de coronavirus en Galicia. Por áreas sanitarias, 658 casos de coronavirus pertencen á área de A Coruña, 166 a Lugo, 462 a Ourense, 160 a Pontevedra, 781 a Vigo, 455 a Santiago e 126 a Ferrol.


19Ngp coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (1)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE