A Coruña soporta o 25% dos casos de coronavirus, sinala a nova gráfica por áreas sanitarias do SERGAS

Así se pode concluír da gráfica da evolución diaria nas áreas sanitarias do SERGAS, que hoxe volve publicar Galiciapress.Galiciapress tivo que deixar de actualizar  a gráfica -que cada día seguían miles de persoas- polo cambio metodolóxico do 28 de abril.


|

O coronavirus retrocede a diario en todas as áreas sanitarias, salvo un estraño día en Vigo. Así se pode concluír da gráfica da evolución diaria nas áreas sanitarias do SERGAS, que hoxe volve publicar Galiciapress.


Galiciapress tivo que deixar de actualizar  a gráfica -que cada día seguían miles de persoas- polo cambio metodolóxico do 28 de abril. Ese día a Xunta empezou a contar casos como manda o Ministerio de Sanidade e, por outra banda, como xa facían o resto de autonomías e cidades autónomas.


Como consecuencia, é imposible comparar a evolución actual coa de datas anteriores a ese 28 de abril. Por exemplo, os casos activos da Coruña pasaron de 1667 a 880 dun día a outro. A Xunta explicou o cambio de criterio en que deixou de considerar positivas ás persoas que non lles fixo proba PCR, ou que deron negativo nesa proba, a máis lenta e fiable.


En todo caso, as cifras desde entón mostran unha evolución que permite ser optimista en todas as áreas sanitarias. Un dato crave á hora de saber onde pode relaxarse a corentena, pois o Estado considera aceptar a petición da Xunta para que o desconfinamiento non sexa por provincias.




En Galicia A Coruña segue sendo a área máis afectada. O seu volume de casos actual (24% de Galicia) é similar antes, cando se aplicaba o outro criterio estatístico (23%). 





Hai outra característica que se mantén tanto antes como despois do cambio de criterio. Lugo, Pontevedra e Ferrol seguen tendo significativamente menos casos que o resto de áreas sanitarias de Galicia.  


QUE PASO EN VIGO?

Nesta nova serie hai un dato que chama especialmente a atención. Entre o 29 e o 30 de abril en Vigo, os positivos disparáronse con 40 novos casos. En ningunha outra área e en ningún outro día incrementáronse os contagios; salvo en pequeñísimo aumento onte en Lugo, de 222 casos a 223.


A diferenza de casos da Coruña coa área sanitaria de Vigo -a segunda máis afectada- é agora da penas 25 contaxiados, cando antes do cambio metodolóxico era de máis de 430.




19Ngp coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE