Vigo supera a A Coruña como a área con máis casos activos de coronavirus, segundo oa datos do SERGAS

Así se pode concluír da gráfica da evolución diaria nas áreas sanitarias do SERGAS, que Galiciapress volve retomar con actualiazaciones diarias despois de varios días de incertidubmre polo baile de datos oficiais. Galiciapress tivo que deixar de actualizar a gráfica -que cada día seguían miles de persoas- polo cambio metodolóxico do 28 de abril.


|

O coronavirus retrocede a diario en todas as áreas sanitarias con dous días consecutivos de descensos. Así se pode concluír da gráfica da evolución diaria nas áreas sanitarias do SERGAS, que Galiciapress volve retomar con actualiazaciones diarias despois de varios días de incertidubmre por o baile de datos oficiais.


Galiciapress tivo que deixar de actualizar  a gráfica -que cada día seguían miles de persoas- polo cambio metodolóxico do 28 de abril. Ese día a Xunta empezou a contar casos como manda o Ministerio de Sanidade e, por outra banda, como xa facían o resto de autonomías e cidades autónomas.


Como consecuencia, é imposible comparar a evolución actual coa de datas anteriores a ese 28 de abril. Por exemplo, os casos activos da Coruña pasaron de 1667 a 880 dun día a outro. A Xunta explicou o cambio de criterio en que deixou de considerar positivas ás persoas que non lles fixo proba PCR, ou que deron negativo nesa proba, a máis lenta e fiable.


En todo caso, as cifras desde entón mostran unha evolución que permite ser optimista en todas as áreas sanitarias. Un dato crave á hora de saber onde pode relaxarse a corentena, pois o Estado considera aceptar a petición da Xunta para que o desconfinamiento non sexa por provincias.-




En Galicia A Coruña deixou de ser a área máis afectada despois de rebaixar as súas cifras en 71 pacientes en só 24 horas. O seu volume de casos onte (24% de Galicia) era similar antes, cando se aplicaba o outro criterio estatístico (23%). Hoxe, con 669 casos activos, pasa a ser as segunda áreas con máis casos.




Mentres, Vigo pasa a ocupar o primeiro escalafón, con 696 casos activos. O caso de Vigo é especialmente significativo, xa que hai uns días foi a única que sufriu un lixeiro repunte no número de casos activos, mentres no resto de áreas o descenso vén sendo cada vez máis pronunciado e constante desde o cambio de criterios (coa excepción dun lixeiro aumento onte en Lugo, que pasou de 222 casos a 223). 


Con todo, hoxe a área da cidade olívica tamén libera camas, con 19 pacientes menos. Lugo tamén nota unha rebaixa, con 179 casos activos este martes. Ourense con 47 casos menos, Pontevedra con 27 menos, Santiago con 17 menos e Ferrol cunha ducia de positivos menos tamén ven aliviada a presión hospitalaria. 


Hai outra característica que se mantén tanto antes como despois do cambio de criterio. Lugo, Pontevedra e Ferrol seguen tendo significativamente menos casos que o resto de áreas sanitarias de Galicia.  


Este martes 5 de maio hai a 2.819 casos activos de coronavirus en Galicia. Por áreas sanitarias, 669 casos de coronavirus pertencen á área de A Coruña, 179 a Lugo, 541 a Ourense, 155 a Pontevedra, 696 a Vigo, 451 a Santiago e 128 a Ferrol.


19Ngp coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE