​As farmacias de Pontevedra regalan máscaras a algúns colectivos de risco a partir de hoxe

As persoas máis vulnerables beneficiásense deste convenio de colaboración asinado entre Sanidade e os catro Colexios de Farmacéuticos de Galicia. 


|

As persoas máis vulnerables beneficiásense deste convenio de colaboración asinado entre Sanidade e os catro Colexios de Farmacéuticos de Galicia.

Dúas farmacéuticas traballando con equipos de protección


As farmacias que participan na iniciativa, “de forma voluntaria e desinteresada”, ofrecen as máscaras de forma gratuíta. O acordo entre a Xunta e os catro colexios chego despois da disposición do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra para que a rede de establecementos da provincia servise de apoio para iniciativas ou distribución de produtos, xa sexa mediante repartición ou con recollida en tenda.


O kit de tres máscaras pode ser entregado por aquelas persoas “que teñen achega cero na prestación farmacéutica e dos pensionistas con límite de achega de 8,23 euros ao mes” e presenten a tarxeta sanitaria. Entre esta semana e a que vén cubrirase a totalidade de persoas que poderán aproveitarse desta iniciativa.


Máscaras




Nosa recomendación é que os beneficiarios non veñan buscalas ás farmacias os primeiros días para evitar colas innecesarias. Se non teñen previsto saír de casa ou xa dispoñen de máscaras, poderán recollelas cando as necesiten ou cando teñan que vir á farmacia para retirar os seus medicamentos. As máscaras estarán dispoñibles durante un mes”, informa o Colexio pontevedrés.


“Nesta colaboración coa Xunta de Galicia na entrega gratuíta de máscaras á poboación galega máis vulnerable tamén participa a distribución farmacéutica COFANO, BIDAFARMA, COFARES e ALLIANCE HEALTHCARE, o que afianza o firme compromiso da farmacia e da distribución farmacéutica coa nosa sociedade”, recalca a institución farmacéutica. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE