Non hai rebrote de COVID-19 en Vigo porque as cifras da Xunta seguen mal, di o SERGAS de Vigo


As cifras oficiais da Xunta de contagios na área sanitaria de Vigo son incorrectas por segundo día consecutivo. Así o confirmaron a Galiciapress portavoces oficiais do propio SERGAS en Vigo.


|

As cifras oficiais da Xunta de contagios na área sanitaria de Vigo son incorrectas por segundo día consecutivo. Así o confirmaron a Galiciapress portavoces oficiais do propio SERGAS en Vigo.


O número de casos activos hoxe en Vigo sería de 703, segundo a citada fonte oficial, e non os 761 dos que informa oficialmente o SERGAS. Do mesmo xeito, onte habería 699 e non os 781 dos que segue informando a web do SERGAS, suponse que erroneamente.


DESCARTADOS EN PCR

O motivo deste barullo? Os portavoces da EOXI insisten en que hai un erro no sistema informático, que suma casos que en realidade son "falsos positivos". Trataríase de sanitarios que deron positivo nas probas de anticorpos IGM, pero que despois deron negativo na proba de PCR, polo que en realidade non deberían engadirse ao cómputo de casos activos.


A EOXI de Vigo sinala que o erro informático foi detectado onte, despois de que Galiciapress alertase do sorprendente rebrote da enfermidade con máis de 80 casos novos nun día, o maior aumento en Vigo desde que se estaban facendo test masivos en residencias, a finais de marzo.


Con todo, o SERGAS di que non tivo tempo de corrixilo a tempo de cumprir coa hora de corte para mandar os datos a Madrid, polo que o erro continúa nos seus cifras oficiais de hoxe. Os portavoces confían en que mañá se regularizarán por fin as cifras. Os falsos positivos que aínda figuran nas cifras oficiais serían máis de 100.


Segundo a EOXI hoxe en realidade só hai catro novos positivos. Onte só houbo tres. Todos confirmados por PCR. 


En todo caso, como os datos publicados na web da Consellería seguen reflectindo outros números -cifras que están mal segundo a EOXI-, Galiciapress continúa actualizando as súas gráficas con eses datos oficiais.


Eses números permiten visualizar un singular rebrote de casos de coronavirus en Vigo, repunte que non se está producindo segundo as cifras comunicadas pola xerencia olívica:







RESTO DE ÁREAS

Deixando ao carón a lea de Vigo, o resto de áreas galegas ofrecen, no seu conxunto, resultados prometedores que permiten pensar na desescalada. Salvo Lugo, que ve incrementada a súa cifra con respecto a onte con catro casos novos (un repunte pouco significativo), o resto de zonas ven minguados os seus algarismos. 


A Coruña mantén un bo ritmo de baixada, e a área alíviase por oitava xornada seguida con 15 casos activos menos. Santiago, que onte deu un pequeno salto atrás, volve á normalidade rebaixando as súas cifras en sete casos. O mesmo que Pontevedra, que onte sumou cinco novos casos activos aos seus índices pero que hoxe perde nove casos na súa conta. 


Pola súa banda, Ourense e Ferrol continúan coa conta atrás. A área auriense, que onte ofreceu unha baixada de 79 casos menos en só 24 horas, hoxe ve rebaixadas as súas cifras nunha ducia casos menos. Mentres na área da cidade departamental volve reducirse en dous casos nun só día. 






19Ngp coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (1)

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE