Unha paciente do complexo pontevedrés foi a primeira en probar unha terapia pioneira: a combinación de dous tratamentos, o plasma hiperinmune e o antiviral Remdesivir.
As áreas sanitarias de Vigo, Santiago de Compostela e Pontevedra experimentan unha xornada de subida nos seus casos activos, segundo indican os datos do Servizo Galego de Saúde.
Con tres áreas sen cambios nas últimas 24 horas, case a metade das áreas galegas sofren este letargo nas súas cifras. A nota máis positiva da xornada é Ourense, que despois de experimentar onte o seu primeiro repunte desde abril, hoxe ve de novo rebaixados os seus algarismos: seis casos menos desde o luns. O repunte de Ourense foi mínimo: de 124 casos activos pasou a 127 -hoxe son 121-.
O sindicato volve cargar contra a dirección do complexo hospitalario privado, ao que sinala como culpable de “mentir” tanto ao comité de seguridade e saúde do centro como á poboación encubrindo un caso de coronavirus que, segundo o sindicato, non notificou.
As cifras de Ourense publicadas hoxe polo Servizo Galego de Saúde revelan por primeira vez un aumento no número de casos activos este mes. O gráfico do coronavirus no resto de áreas baixa un pouco, salvo Lugo, que segue igual que onte. En termos xerais, Galicia segue freando o virus, pero cada vez máis amodo.
Desde Comisións Obreiras acusaron á dirección do hospital de tapar un positivo de coronavirus dun traballador. A dirección do hospital privado lucense rebate con contundencia as acusacións
O TSXG aprecia "mala praxe" polo falecemento deste paciente, ao que non se axilizou a intervención tras empeorar o seu estado.
Galicia segue arroxando datos alentadores no referido ao número de casos de coronavirus activos nas áreas sanitarias galegas. A pesar duns días experimentando pequenos repuntes nalgunhas áreas, este sábado os datos do Servizo Galego de Saúde indican que ningunha das áreas galegas experimenta un aumento de casos esta xornada. Desde onte, a comunidade perdeu 36 casos activos, o que supón un descenso máis lento que onte pero que reafirma a melloría constante en Galicia, que este luns entra na fase 2 da desescalada.
A investigación do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) conclúe que a figura dos coñecidos como “supercontagiadores” foi fundamental para a propagación do virus na comunidade galega e no resto do planeta.
As cifras do SERGAS sobre os casos activos de coronavirus volven debuxar un panorama esperanzador na conxunto comunidade, que por primeira vez en moitas semanas rebaixa as súas cifras por baixo do milleiro de casos: hoxe son 990 en toda Galicia.
A estimación que fai a Consellería de Sanidade é que ao redor de 30.000 galegos están inmunizados. Nese sentido, máis mulleres que homes gozarían de inmunidade: 17.000 por 13.000.
A situación entre a área da capital e na área da cidade termal é similar ao que ocorre coa Coruña e Vigo, xa que as dúas teñen cifras parellas: 168 a compostelá; 171 a auriense. Mentres, Pontevedra, Lugo e Ferrol mantéñense como as áreas menos afectadas pola enfermidade.
A empresa cárnica galega puxo en marcha unha iniciativa xunto á axencia das Nacións Unidas “co fin de paliar os efectos que a crise do coronavirus pode ter sobre a infancia”.
Os datos do Servizo Galego de Saúde reflicten que o descenso no número de casos activos nas áreas galega segue sendo constante e que mesmo ofrece mellores datos que a xornada pasada, cando a gráfica viuse reducida en apenas 28 casos. Este martes son 35 menos con respecto a onte.
As previsións do Goberno de España para que o conxunto do país entre na “nova normalidade” van unidas á activación da aplicación móbil ‘Asistencia Covid-19’, que será o instrumento que a partir de xuño ou principios de xullo utilizará Sanidade para rastrexas os casos activos e focos de contaxio da enfermidade.
Noutras palabras, as leves caídas comunicadas hoxe son moito máis realistas que as artificialmente bruscas das pasadas xornadas, sobre todo na Coruña e Santiago.