Repunte leve de coronavirus en tres áreas sanitarias galegas, indican os datos do SERGAS

As áreas sanitarias de Vigo, Santiago de Compostela e Pontevedra experimentan unha xornada de subida nos seus casos activos, segundo indican os datos do Servizo Galego de Saúde.


|

As áreas sanitarias de Vigo, Santiago de Compostela e Pontevedra experimentan unha xornada de subida nos seus casos activos, segundo indican os datos do Servizo Galego de Saúde.


Aínda que a tendencia no conxunto das áreas é negativa -once casos menos en 24 horas- a situación é algo preocupante. Non só porque a velocidade á que baixan as gráficas é notablemente cada vez máis lenta, senón polos repuntes, aínda que estes son ata o de agora leves e puntuais, que se están sucedendo en todas as áreas cada vez con máis frecuencia.



O primeiro que hai que ter en conta que estes datos da Xunta refírense aos casos activos. É dicir, a persoas que deron positivo e non deron negativo nunha proba PCR, o que permite clasificalos como curados, ou faleceron.


É dicir, se nunha área sanitaria un día hai 7 curacións pero aparecen 8 positivos novos, o número de casos activos subirá en 1. O alarmante é que as curacións seguen producíndose, pero cada vez son menos capaces de compensar a aparición de novos contaxiados.




Nesta xornada son tres as áreas que aumentan os seus casos activos desde o martes. Se onte hablabamos dun proceso de hibernación nalgunhas áreas galegas -tres delas non rexistraran cambios en 24 horas-, hoxe a situación é máis negativa. A peor parte lévalla a área da capital, con sete casos máis. A compostelá, despois de varias semanas sen subir, é a que máis crece este mércores, seguida de Vigo, con catro casos máis, e Pontevedra, con dous máis. 


Aínda que as subidas non convidan a aplicar medidas inmediatas, se poderían significar un toque de atención e chama ás autoridades a preocuparse. Todas xa sufriron leves repuntes en xornadas concretas, para despois volver baixar, como fixo onte a área de Ourense.


DESCENSO LENTO

A auriense é, en contraposición, a que ofrece mellores datos no conxunto das áreas galegas: 14 casos menos. A súa gráfica vese aliviada, sobre todo se temos en conta o leve repunte de hai uns días. 


Como Ourense, A Coruña, Lugo e Ferrol tamén ven minguados os seus algarismos. A área herculina perde dous casos activos desde onte e o lucense catro. Estas dúas áreas onte non experimentaron cambios, pero hoxe volven baixar. De feito, a área da cidade amurallada estivo tres xornadas seguidas arroxando o mesmo dato: 58 casos activos. Hoxe son xa 54.


Mentres, Ferrol segue como a área menos afectada e achégase cada vez máis aos cero casos. Con tres casos menos desde onte, a área ferrolá conta con 22 casos activos, o mellor dato de toda Galicia.



Segundo o SERGASo número de casos activos de coronavirus este mércores 27 de maio en Galicia ascende a 823 dos cales 205 son da área da Coruña, 54 de Lugo, 107 de Ourense, 38 de Pontevedra, 254 de Vigo, 143 de Santiago e 22 de Ferrol. 



Isto implica que hoxe en toda Galicia hai once casos activos menos que onte. Continúa o descenso de casos activos, pero faio de maneira cada vez máis lenta.



IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (7)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE