Investigadores galegos demostran que os ‘supercontagiadores’ son os responsables de entre un terzo e a metade dos contagios mundiais
A investigación do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) conclúe que a figura dos coñecidos como “supercontagiadores” foi fundamental para a propagación do virus na comunidade galega e no resto do planeta.
A investigación do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) conclúe que a figura dos coñecidos como “supercontagiadores” foi fundamental para a propagación do virus na comunidade galega e no resto do planeta.
A información foi publicada en bioRxiv despois de analizar miles de xenomas do coronavirus SARS-CoV-2. O estudo, segundo os investigadores, revela “importantes novidades” ao redor da variabilidade xenética do coronavirus.
O Dr. Antonio Salgas, parte do estudo, cre que un dos pasos fundamental era “debiamos facer unha reconstrución adecuada do proceso evolutivo que deu lugar ao virus e as súas distintas versións actuais; unha árbore filogenético que relaciona todos os xenomas dunha maneira precisa e que é o alicerce fundamental sobre o que bascula case todo o demais”.
A través disto conseguiron unha inxente cantidade de información que obrigou a multiplicar os esforzos do equipo de investigadores, que teñen ás súas costas a análise de case 5.000 xenomas do coronavirus “que en termos de código xenético do virus supoñen aproximadamente 150 millóns de letras”. Con todo, a cantidade non resultou un problema para os investigadores, senón as “análises máis propias da xenética evolutiva e para os que se necesitan días para obter resultados que logo hai que dixerir e interpretar”.
ACHADO SORPRENDENTE
“O achado máis sorprendente e novo deste estudo é demostrar a existencia e o impacto na pandemia de persoas supercontagiadoras na COVID-19. Ata o momento, a figura do supercontagiador discutiuse nos medios e desde un punto de vista epidemiolóxico, pero estes investigadores conseguiron revelar probas da súa existencia”, proba o estudo
O Dr. Salgas refire que o estudo detectou “ducias de xenomas do coronavirus que obedecen indubidablemente ao comportamento de supercontagiadores; son os responsables directos de entre un terzo e a metade de todos os contagios no mundo”. Ademais, os investigadores cren atopar a clave para entender as causas dos denominados brotes epidémicos locais ou nacionais.
“Traballamos sen descanso, grazas ao financiamento europeo a través de macro-proxectos colaborativos, pero con máis recursos aínda poderemos ir máis rápido, xa que a procura de fondos ocupa unha parte importante do noso tempo”, subliñan os responsables do estudo coral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.
Escribe o teu comentario