Terremoto magnitude 3.3 en Silleda ás 09:29 horas

É pouco habitual que sismos desta magnitude provoquen danos, aínda que poden ser perceptibles


|

Terremoto de magnitud 3.3 registrado en Silleda (Pontevedra), a 8 de noviembre de 2025.
 

Silleda  foi o epicentro dun terremoto de magnitude 3.3 rexistrado ás 09.29 horas deste sábado polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN).

É pouco habitual que sismos desta magnitude provoquen danos, aínda que poden ser perceptibles. Neste caso, non se rexistraron chamadas ao 112 Galicia nin os equipos de emerxencias municipais tiveron que atender ningunha incidencia, segundo informa a alcaldesa, Paula Fernández, a Europa Press.

"Agora si que a xente empeza a comentar: 'Escoitei un ruído moi forte', 'escoitei un tremor'... Pero, en principio, debeu de ser moi suave", ratifica Fernández, que está en contacto coa Subdelegación do Goberno para coñecer o motivo polo que se produciu.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE