Morre un neno atropelado polo tractor que conducía o seu avó en Lobeira
O corpo do menor, de cinco anos, quedou atrapado debaixo dunha fresadora e tivo que ser excarcerado.
Un neno de cinco anos faleceu na tarde deste mércores no municipio ourensán de Lobeira, nunha leira de Gaiás, na parroquia de Santa Cruz de Grou, ao ser atropelado por un tractor que conducía o seu avó no momento dos feitos.
Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 17,30 horas e, debido ao accidente, o corpo do menor quedou atrapado debaixo dunha fresadora e tivo que ser excarcerado polos efectivos do GES de Lobios.
Ata o lugar acudiu o helicóptero medicalizado con base en Ourense e unha ambulancia. Con todo, os efectivos sanitarios só puideron confirmar a morte do menor.
O persoal de CAE 112 informou, ademais, ao GES de Lobios e á Garda Civil. Os profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (Gipce) foron mobilizados para atender aos familiares da vítima.
Escribe o teu comentario