Dous días seguidos de repunte de coronavirus na área de Vigo retrocédena a niveis de hai unha semana


Os datos de hoxe do Servizo Galego de Saúde evidencian que na área sanitaria de Vigo está experimentado un repunte de casos activos da enfermidade, por agora lixeiro, pero repunte. O resto de áreas sanitarias de Galicia baixa hoxe, aínda que a maioría moi pouco. O balance global é dunha redución de 24 casos activos.


|

Os datos de hoxe do Servizo Galego de Saúde evidencian que na área sanitaria de Vigo está experimentado un repunte de casos activos da enfermidade, por agora lixeiro, pero repunte. O resto de áreas sanitarias de Galicia baixa hoxe, aínda que a maioría moi pouco. O balance global é dunha redución de 24 casos activos.


Tras dúas xornadas seguidas de crecemento, Vigo retrocedeu en 48 horas aos datos que tiña hai unha semana:  os 268 deste xoves é a maior cifra desde o xoves pasado. 




QUE É UN CASO ACTIVO?

Neste escenario de repuntes leves -algo que vén sucedendo en Galicia desde hai semanas e que saltan dunha área a outra- primeiro que hai que ter en conta que estes datos da Xunta refírense a os casos activos. É dicir, a persoas que deron positivo e non deron negativo nunha proba PCR, o que permite clasificalos como curados, ou faleceron.


É dicir, se nunha área sanitaria un día hai 7 curacións pero aparecen 8 positivos novos, o número de casos activos subirá en 1. O alarmante é que as curacións segue habendo, pero estas curacións cada vez son menos capaces de compensar a aparición de novos positivos.


 Vigo ten os peores datos de hoxe, con polo menos 14 casos novos, o maior salto en dúas semanas en toda Galicia.


DESCENSO NO CONXUNTO DAS ÁREAS

Mentres isto ocorre en Vigo, as áreas de Pontevedra e Santiago, que onte tamén experimentaron repuntes, volven á normalidade. A súa baixada, iso si, é máis lenta en comparación co resto: só dous casos menos na área pontevedresa; só uno menos na compostelá


O resto de áreas si ofrece datos mellores que onte. A Coruña, por exemplo, pasa de perder dous positivos a 18 menos. Ourense, pola súa banda, baixa por primeira vez dos cen casos despois de moitas semanas instalada nas tres cifras: hoxe son 94 casos activos, sete menos que onte. 


Doutra banda, Lugo, que hai días parecía haberse estancado, volve minguar os seus algarismos con tres casos menos. Ferrol, a área con menos casos activos de toda a comunidade, volve perder só un paciente nas últimas 24 horas. 


Segundo o SERGASo número de casos activos de coronavirus este mércores 27 de maio en Galicia ascende a 799 dos cales 187 son da área da Coruña, 51 de Lugo, 94 de Ourense, 36 de Pontevedra, 268 de Vigo, 142 de Santiago e 21 de Ferrol. 


Isto implica que hoxe en  Galicia hai 24 casos activos menos que onte. Continúa o descenso de casos activos a nivel autonómico, pero faio de maneira moi lenta, menor ao 3% de caída diaria.




Esta caída cada vez máis lenta non se debe só a que cada vez hai menos casos activos. Tanto se miramos a variación relavita diaria, coma se miramos a súa media móbil a sete días, comprobamos que o coronavirus segue perdendo terreo, pero con porcentaxes cada vez máis pequenos.



IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (8)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE