Ningunha das áreas sanitarias galegas sofre repuntes de novos casos, segundo os datos do SERGAS

Galicia segue arroxando datos alentadores no referido ao número de casos de coronavirus activos nas áreas sanitarias galegas. A pesar duns días experimentando pequenos repuntes nalgunhas áreas, este sábado os datos do Servizo Galego de Saúde indican que ningunha das áreas galegas experimenta un aumento de casos esta xornada. Desde onte, a comunidade perdeu 36 casos activos, o que supón un descenso máis lento que onte pero que reafirma a melloría constante en Galicia, que este luns entra na fase 2 da desescalada. 


|

Galicia segue arroxando datos alentadores no referido ao número de casos de coronavirus activos nas áreas sanitarias galegas. A pesar duns días experimentando pequenos repuntes nalgunhas áreas, este sábado os datos do Servizo Galego de Saúde indican que ningunha das áreas galegas experimenta un aumento de casos esta xornada.


Desde onte, a comunidade perdeu 36 casos activos, o que supón un descenso máis lento que onte pero que reafirma a melloría constante en Galicia, que este luns entra na fase 2 da desescalada. 



Con todo, aínda que os datos son bos, a festa non pode ser completa. Como onte, onde a área de Santiago de Compostela non sufriu nin subidas nin baixadas, esta xornada é Ferrol a que non sofre cambios nas últimas 24 horas. Con 28 casos, os mesmos do venres, a área da cidade departamental mantense como a que conta con menos casos activos en Galicia. Mentres, Santiago de Compostela, descende en ata unha decena de casos desde onte.


Por contra, Ourense é a área que sofre a maior caída desde onte. A área auriense é a única de todas as áreas que non rexistrou nin un só repunte no seu numero de casos desde o 29 de abril, momento no que se produciu o cambio metodolóxico na Xunta de Galicia. Con 14 casos menoes desde onte, Ourense é a que sofre a maior caída.


Vigo segue sendo a área máis afectada, con 264 casos, só un menos desde onte. A Coruña, a segunda con máis positivos activos, baixa en catro casos. Lugo e Pontevedra seguen a senda de Ferrol e esta xornada ven aliviada a súa gráfica: a primeira perde tres casos; o segunda catro desde onte.




Segundo o SERGASo número de casos activos de coronavirus este xoves 21 de maio en Galicia ascende a 884 dos cales 221 son da área da Coruña, 56 de Lugo, 127 de Ourense, 37 de Pontevedra, 264 de Vigo, 151 de Santiago e 28 de Ferrol. Isto implica que hoxe en toda Galicia hai 36 casos activos menos que onte.


IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (4)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE