Os datos do Servizo Galego de Saúde son, por primeira vez en tres días, positivos para o conxunto das áreas galegas: hoxe hai un caso activo menos na comunidade desde onte. A pesar da leve melloría e que ata catro áreas ofrecen descensos no seu número de casos activos, a situación segue preocupando na área de Lugo, que hoxe suma tres novos casos en 24 horas. A situación na zona da Mariña segue preocupando e moito ás autoridades sanitarias, que parecen incapaces de cauterizar a ferida.
As cifras do Servizo Galego de Saúde evidencian que a tendencia de casos activos de coronavirus en Lugo segue sendo á alza e que o brote rexistrado na Mariña non está controlado. Pontevedra tamén gaña un caso.
"A complicada situación que vivimos tivo un impacto tremendo no funcionamento do sistema sanitario, pero sobre todo na saúde mental dos médicos, que se viu influída por distintos factores e que estiveron suxeitos a múltiples presións que nos puxeron a proba como organización, como sistema, como profesionais e como persoas", explicou María Fe Bravo, j efa de servizo da área de Psiquiatría, Psicoloxía Clínica e Saúde Mental do Hospital A Paz de Madrid.
A situación na área sanitaria lucense parece lonxe de estar controlada, segundo reflicten os datos do SERGAS. O Servizo Galego de Saúde reporta unhas cifras que, por quinto día consecutivo, están en claro aumento. A crise da área luguesa, ademais, lastra sensiblemente ao conxunto de Galicia. A pesar de que hoxe hai ata tres áreas que ven reducido o seu número de casos activos, o brote da Mariña ten consecuencias no conxunto das áreas galegas, que hoxe sofren unha nova subida, idéntica á da xornada de onte.
Os lucenses saltaron as fogueiras de San Juan con 17 casos activos en toda a área sanitaria. Tres días despois, a cidade amurallada ha multiplicado por dúas o seu número de casos activos atendendo ás cifras que reflicte hoxe o Servizo Galego de Saúde. Segundo estes datos, ata tres áreas sanitarias sofre hoxe subidas na súa gráfica, aínda que só a de Lugo responde a un crecemento constante e non a casos que, a priori, parecen puntuais. A pesar de todo, hoxe Galicia volve ofrecer, por segundo día consecutivo, un descenso no número de casos totais, con tres menos nas últimas 24 horas.
O temor ao coronavirus, e a busca de novos nichos de mercado, disparou a oferta de métodos para hixienizar oficinas e vehículos. Agora ben, as autoridades piden prudencia e contratar só a operadores acreditados para este tipo de tarefa. Ademais, aínda non se sabe se son métodos realmente eficaces contra o COVID-19.
Os sindicatos CESM Galicia, CO-BAS e PROSAGAP anuncian unha protesta para mañá 26 de xuño ás 20 horas.
Pontevedra, con oito, mantense como a área menos afectada, aínda que fai xa case unha semana que vén reflectindo os mesmos algarismos.Pola súa banda, Lugo e Ourense, as áreas que hoxe soben -un ascenso dunha decena de casos na área da cidade amurallada-, compensan o descenso rexistrado nas áreas coruñesa e santiaguesa.
A plataforma Prosagap fai público o seu “rexeitamento” á compensación proposta polo Goberno de Galicia para os profesionais sanitarios polo seu labor durante a pandemia.
Os datos do Servizo Galego de Saúde reflicten un descenso pouco pronunciado no número de casos activos na comunidade. Están pendentes, segundo indica o SERGAS a Galiciapress, os resultados de 8 probas PCR no brote do Barbanza. Con todo, e a pesar de que se trata de oito casos menos desde onte, esta é a baixada máis importante no últimos seis días, deixando o descenso diario no -2,3%, a mellor cifra desde o pasado 17 de xuño.
2 metros de distancia. É todo o que faría falta, segundo un estudo do Instituto de Saúde Global de Barcelona , para evitar unha onda da pandemia como a de marzo e non ter que recorrer a un confinamento como o provocado polo estado de alarma. O estudo conclúe que coa distancia de seguridade, hixiene de mans e o uso da máscara bastaría.
A Xunta promete que os cidadáns españois terán o mesmo grao de asistencia que calquera galego. Sobre o turismo internacional, lávase máis as mans, lembrando que é competencia do Estado.
A falta dun premio Princesa de Asturias, bos son eses euriños para tentar aplacar a ira de médicas, enfermeiras ou celadores indignados polo abandono ao que o propio Sergas someteunos durante a pandemia, un cheque-máscara para taparlles a boca
Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian a delicada situación que atravesa a área herculina. Aínda que o número de casos activos non é alarmante, o feito de que a zona conte con máis casos hoxe que o 10 de xuño resulta significativo.
En Galicia a pandemia tivo “menos incidencia” de contagios e mortalidade que no resto do estado. Influíron diversos factores: a dispersión da poboación, a menor utilización do transporte público, o baixo nivel de contaminación, a menor chegada de persoas procedentes doutros lugares, a calor, etc.