Terceiro día seguido que soben os casos activos de coronavirus en Galicia debido ao rebrote de Lugo, aínda non controlado


As cifras do Servizo Galego de Saúde evidencian que a tendencia de casos activos de coronavirus en Lugo segue sendo á alza e que o brote rexistrado na Mariña non está controlado. Pontevedra tamén gaña un caso.


|

As cifras do Servizo Galego de Saúde evidencian que a tendencia de casos activos de coronavirus en Lugo segue sendo á alza e que o brote rexistrado na Mariña non está controlado. Pontevedra tamén gaña un caso.


Mentres que tres áreas galegas ven aliviada a súa gráfica, a escalda de Lugo, xunto cun repunte puntual na área de Pontevedra, provocan que Galicia vexa aumentar o seu número total de casos activos por terceira xornada consecutiva.



Como nas xornadas precedentes, o número de casos vese incrementado na comunidade en dúas máis. Lugo segue sendo a área que máis preocupa. Hai só unha semana era a terceira área galega con menos casos activos, só por detrás de áreas máis pequenas como Pontevedra e Ferrol pero non a moita distancia delas. 


Con todo, sete días despois é a terceira área máis afectada da comunidade galega, só por baixo da Coruña e Vigo e abrindo brecha con Santiago de Compostela e Ourense.


Hoxe son cinco casos máis na área lucense. Aos cinco novos positivos hai que engadir un caso máis en Pontevedra. Con todo, a situación na área pontevedresa, a priori, non esperta moita preocupación, xa que apunta a ser un dos moitos repuntes puntuais que leva sufrindo Galicia desde hai semanas. 


ÁREAS EN DESCENSO

Doutra banda, hoxe son tres as áreas que perden casos activos, aínda que este descenso é tan leve que non logra compensar o aumento de casos lucense. Con dous casos menos a área de Vigo é a que rexistra a maior caída esta xornada. A Coruña e Ourense, cun caso menos cada unha, melloran un pouco a estatística.


En cambio, Ferrol, que unha semana despois segue marcando os mesmos once casos activos, e Santiago de Compostela, que onte si ofreceu variacións pero que hoxe non arroxa cambios, son as áreas que hoxe non reflicten movementos. 


MEDIA SEMANAL

A evolución desde onte en Galicia déixanos dous casos máis, o que supón un aumento dos casos activos do 0,6%, do mesmo xeito que nas dúas xornadas anteriores.


Agora ben, a media móbil semanal está aínda en valores negativos, pero vese rebaixada por baixo do -1%: -0,9% -onte era do -1,3%-.


Isto indica que a pandemia segue perdendo terreo, a pesar das forzas que gañou esta semana cos dous rebrotes no Barbanza e A Mariña. Mentres que o primeiro parece totalmente controlado, o segundo segue reproduciendose e traendo de cabeza ás autoridades sanitarias. 






Segundo os datos de as notas de prensa do SERGAS, este martes 30 de xuño o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 314, dos cales 70 son da área da Coruña, 49 de Lugo, 21 de Ourense, 10 de Pontevedra, 129 da área de Vigo, 24 de Santiago e 11 de Ferrol. 



X5qx6 casos activos en galicia evoluci n diaria en porcentaxe (4)






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE