O brote en Lugo e un repunte en Ourense embazan a gráfica do coronavirus en Galicia, de novo en ascenso

Pontevedra, con oito, mantense como a área menos afectada, aínda que fai xa case unha semana que vén reflectindo os mesmos algarismos.Pola súa banda, Lugo e Ourense, as áreas que hoxe soben -un ascenso dunha decena de casos na área da cidade amurallada-, compensan o descenso rexistrado nas áreas coruñesa e santiaguesa.


|

Xornada de subida en Galicia segundo os datos do Servizo Galego de Saúde. Os casos activos en Galicia soben en gran medida polo brote rexistrado en Xove, ademais dun ascenso pouco pronunciado en Ourense. 


A pesar de todo, o brote na Mariña termina por compensar o descenso noutras áreas, como a da Coruña, que rexistra a maior baixada deste xoves, un día no que parte das áreas galegas non sofren cambios.




As áreas que manteñen as mesmas cifras de onte son Vigo, Pontevedra e Ferrol. A olívica foi, con Ferrol, a única das áreas galegas que onte reduciu o seu número de casos activos, pero este xoves volven arroxar os mesmos datos de hai 24 horas. Pontevedra, con oito, mantense como a área menos afectada, aínda que fai xa case unha semana que vén reflectindo os mesmos algarismos.


Pola súa banda, Lugo e Ourense, as áreas que hoxe soben -un ascenso dunha decena de casos na área da cidade amurallada-, compensan o descenso rexistrado nas áreas coruñesa e santiaguesa. O descenso da área herculina é o maior en Galicia, con seis casos menos, ademais de ser o maior descenso na zona nos últimos 15 días. Santiago de Compostela, en cambio, perde tres casos e alivia o seu número de casos activos por baixo da trintena. 


UNHA MEDIA MÓBIL SEMANAL POSITIVA?



Así as cousas, os datos en Galicia soben un 0,6% desde onte. Con todo, o indicador máis fiable, a media móbil a sete días, que suaviza o impacto de xornadas concretas, indícanos que Galicia só está a perder un 0,4% dos seus casos activos ao día. É dicir, o coronavirus segue retrocedendo en Galicia moi levemente pero, tras o aumento da mobilidade e rebrotes como o da Mariño ou o rexistrado en O Barbanza, está moi próximo a volver gañar terreo.



Segundo os datos de as notas de prensa do SERGAS, este xoves 25 de xuño o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 333, dos cales 102 son da área da Coruña, 27 de Lugo, 22 de Ourense, 8 de Pontevedra, 135 da área de Vigo, 28 de Santiago e 11 de Ferrol.


IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (24)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE