Os repuntes das áreas de Lugo, A Coruña e Santiago empuxan a Galicia á súa maior subida de novos casos desde maio

Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian a delicada situación que atravesa a área sanitaria de Lugo, que experimenta un crecemento constante no número de casos activos desde o pasado 24 de xuño. Ademais da área da cidade amurallada, na Coruña tamén se rexistrou un leve repunte, con tres casos máis nas últimas 24 horas nunha xornada na que Pontevedra é, un día máis, a mellor noticia a nivel autonómico: o número de casos activos cae ata os seis casos.


|

Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian a delicada situación que atravesa a área sanitaria de Lugo, que experimenta un crecemento constante no número de casos activos desde o pasado 24 de xuño. 


Ademais da área da cidade amurallada, na Coruña tamén se rexistrou un leve repunte, con tres casos máis nas últimas 24 horas nunha xornada na que Pontevedra é, un día máis, a mellor noticia a nivel autonómico: o número de casos activos cae ata os seis casos.



Os datos indican que esta é a maior subida no número de novos casos desde o 9 de maio. Ata o de agora, os días nos que Galicia experimentaba unha subida no número dos seus casos activos, era de dous casos diarios máis -tres como máximo, como é o caso do 22 de xuño-, pero hoxe son xa catro casos máis


Esta subida ten a súa explicación na gráfica de Lugo, xa que a área lucense tamén experimenta a súa maior subida desde o estalido do brote na Mariña. En 24 horas Lugo pasou de contar con 52 casos activos a ter 64: unha ducia máis. En só unha semana o número total ha pasado de 17 a 64. Un crecemento brutal que fai lembrar os peores días da pandemia. 


É evidente que a situación na Mariña, a pesar de que onte os alcaldes da zona afirmaban que o brote estaba "perimetrado" e "máis ou menos controlado", aínda se atopa lonxe de estabilizarse. 





Aínda que as administracións cren telo controlado, o crecemento constante do brote desde hai unha semana obrigou á Xunta a prohibir as verbenas e a reapertura dos locais de lecer nocturno. Isto supón a primeira medida de retardación aplicada pola Xunta para regresar á nova normalidade desde que recuperou as súas competencias en materia sanitaria.  


En cambio, e en contraposición co brote de Xoveo foco de COVID-19 detectado na comarca coruñesa de Barbanza mantense sen cambios desde este luns, momento no que descenderon a sete os casos activos -nun primeiro momento foron nove-.


Despois de investigar a máis dun centenar de persoas relacionadas con este foco, a situación parece totalmente baixo control. As persoas con PCR positiva atópanse en illamento e seguimento domiciliario, mentres que as outras investigadas, a pesar de non dar positivo, permanecen en corentena 14 días. 


A Coruña E SANTIAGO CRECEN

Menos preocupante, aínda que obrigan a ser observados con detementos, son os datos que chegan hoxe desde A Coruña e Santiago de Compostela. A área herculina crece en tres caso máis desde onte, mentres que a área da capital rexistra só un caso máis. Facía dez días que ningunha das dúas áreas rexistraba un repunte no seu número de casos activos, pero desde entón o seu descenso fora lento pero practicamente constante. 


As áreas que hoxe si ven aliviada a súa gráfica son VigoOurense e Pontevedra, que amorteceron levemente o golpe recibido na Mariña. A área olívica descende en seis casos, a maior baixada desta xornada e o seu descenso máis pronunciado desde hai varias semanas. Ourense, en cambio, perde dous casos desde o mércores.


Mención á parte merece a área de Pontevedra, que con catro casos menos rebaixa os seus crifras ata os seis casos activos. Este é os mellor datos que arroxa unha área galega desde o pico da crise sanitaria. Ferrol, pola súa banda, é a única área que hoxe non ofrece cambios coa mesma decena de casos activos de onte. 


MEDIA SEMANAL

A evolución desde onte en Galicia deixa un dos peores datos dos últimos dous meses: o aumento diario dos casos activos foi do 1,3%, mentres que nas xornadas anteriores -salvo onte que descendeu un -0,3%- foi de o 0,6%. 


Agora ben, a media móbil semanal está aínda en valores negativos, pero viuse rebaixada por baixo do -1% desde hai tres días: hoxe é do -0,7% -o luns era do -1,3%-. 



Isto indica que a pandemia segue perdendo terreo, a pesar das forzas que gañou esta semana cos dous rebrotes no Barbanza e A Mariña. Mentres que o primeiro parece totalmente controlado, o segundo segue reproduciendose e traendo de cabeza ás autoridades sanitarias.


Segundo os datos de as notas de prensa do SERGAS, este xoves 2 de xullo o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 317, dos cales 73 son da área da Coruña, 64 de Lugo, 18 de Ourense, 6 de Pontevedra, 122 da área de Vigo, 24 de Santiago e 10 de Ferrol. 


IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (28)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE