ERE de Ryanair para o seu persoal de Santiago de Compostela tras anunciar o peche da súa base

O comité de empresa anuncia unha protesta en Santiago o vindeiro xoves 25 de setembro.


|

Ryanair
Foto: RTVE

 

Despois de semanas de especulacións e incerteza tras o anuncio de Ryanair de, no seu pulso con Aena, pechar a súa base en Santiago de Compostela, as persoas de terra recibiu a confirmación de que a aerolínea irlandesa inicia o proceso de apertura dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) a preto dun centenar de traballadores da capital galega. Así o constatou esta mañá o comité de empresa de Azul Handling, rexeitando o rechzo do anuncio á empresa de asistencia no Rosalía de Castro. 

 

 

GALICIA queda SEN VOOS

Desde o comité demandan ás administaciones públicas que actúen para evitar que Galicia "quede sen voos", pois a consecuencia inmediata é pasar dun centenar de voos a só 15 á semana a partir do 26 de outubro. 

 

Nese sentido, xa hai programados encontros coa alcaldesa da capital galega, Goretti Sanmartín, e a líder do BNG, Ana Pontón, así como con representantes do grupo parlamentario do Partido Popular de Galicia e á espera de concretar a data para o encontro co PSdeG. 

 

En conversación con Galiciapress membros do persoal de terra recalcaron que a chegada de novas compañías, a pesar das palabras do ministro de Transportes, Óscar Puente, avanzando a chegada de Vueling. O peche do aeroporto compostelán durante cinco semanas na primavera de 2026, ademais de suprimir a actividade na quenda de noite de xaneiro a outubro para pavimentar a pista, condiciona moito a aterraxe de novas empresas, que segundo o comité de empresa non cubrirían "nin o 10% da perdida real de viaxeiros" nun conexto no que a terminal santiaguesa xa vén sufrindo un descenso paulatino de viaxeiros internacionais e nacionais. 

 

 

 

PROTESTAS

O mesmo comité anunciou a convocatoria dunhas protestas o vindeiro xoves 25 de setembro ás 9:30 horas para criticar a falta de alternativas por parte da compañía, que xa anunciou a súa intención de recolocar ao persoal de voo. Os afectados denuncian a Ryanair "información clara, inmediata e transparente sobr ele futuro do persoal" ademais de coñecer a folla de ruta que pretende seguir a aerolínea en Santiago, A Coruña e Vigo. 

 

2025 09 19 RP Handling Ryanair001
Foto: CIG

 

O secretario comarcal da CIG-Servizos de Compostela, Roberto Alonso, desmentiu que a decisión de Ryanair responda o incremento das taxas aeroportuarias nunha empresa con beneficios millonarios e que recibe axudas públicas, cun beneficiio neto de abril a xuño de 2025 de 820 millóns de euros, segundo os datos achegados polo sindicato. "Estamos a falar de mil millonarios que queren ser asquerosamente ricos e cada vez máis, a conta de explotar aos traballadores e de chantajear a un país", critican. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE