sanidad

A área de sanitaria de Vigo volve subir no seu número de casos activos e suma xa tres aumentos en catro días

Pontevedra e Ferrol, en cambio, a pesar de ser as áreas con menos casos activos, ven minguadas as súas cifras moi pouco desde onte: un caso menos en Pontevedra; dous menos en Ferrol.Segundo o SERGAS, o número de casos activos de coronavirus este mércores 27 de maio en Galicia ascende a 749 dos cales 170 son da área da Coruña, 44 de Lugo, 82 de Ourense, 19 de Pontevedra, 269 de Vigo, 136 de Santiago e 19 de Ferrol. Isto implica que hoxe en  Galicia hai 24 casos activos menos que onte.

​Manifestación este venres en Pontevedra para pedir a dimisión da xerencia da área sanitaria

Os sindicatos CESM Galicia, CO-BAS e PROSAGAP reclaman á traballadores da área sanitaria para un encontro no que esixirán a dimisión da xerencia do CHUP.

Dous días seguidos de repunte de coronavirus na área de Vigo retrocédena a niveis de hai unha semana


Os datos de hoxe do Servizo Galego de Saúde evidencian que na área sanitaria de Vigo está experimentado un repunte de casos activos da enfermidade, por agora lixeiro, pero repunte. O resto de áreas sanitarias de Galicia baixa hoxe, aínda que a maioría moi pouco. O balance global é dunha redución de 24 casos activos.

Galicia é a terceira comunidade que menos incrementou a súa taxa de médicos colexiados e á cola na taxa de enfermeiros

O número de médicos colexiados en Galicia en 2019 incrementouse un 1,2% respecto ao ano anterior, o que supón que esta fose a terceira comunidade na que menos aumentou, só superada por Cantabria (0,7%) e Ceuta (-0,6%), segundo datos publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Unha cabina de luz ultravioleta capaz de esterilizar a roupa en segundos, ideada por unha empresa galega
A empresa galega GTG Enxeñeiros, especializada en Seguridade Industrial, presentou este mércores unha cabina de luz ultravioleta capaz de esterilizar pezas de roupa en menos dun minuto, un sistema deseñado para desinfectar roupa en establecementos comerciais.
O CHOP proba un método pioneiro no tratamento do coronavirus con resultados "espectaculares"

Unha paciente do complexo pontevedrés foi a primeira en probar unha terapia pioneira: a combinación de dous tratamentos, o plasma hiperinmune e o antiviral Remdesivir. 

Repunte leve de coronavirus en tres áreas sanitarias galegas, indican os datos do SERGAS

As áreas sanitarias de Vigo, Santiago de Compostela e Pontevedra experimentan unha xornada de subida nos seus casos activos, segundo indican os datos do Servizo Galego de Saúde.

SATSE reclama compensacións aos profesionais sanitarios e que Sanidade non quede "só en palabras"
O sindicato de Enfermería (Satse) reclamou ao ministro de Sanidade, Salvador Illa, que pase "das palabras aos feitos" e aborde, na próxima reunión que manteña coas consellerías de Saúde das comunidades autónomas, a adopción de medidas adicionais compensatorias para as enfermeiras, fisioterapeutas e o conxunto de profesionais sanitarios polo "tremendo sobreesfuerzo" realizado fronte á COVID-19.
Tres áreas galegas non rexistran cambios nos seus casos activos de coronavirus mentres as demais baixan lentamente

Con tres áreas sen cambios nas últimas 24 horas, case a metade das áreas galegas sofren este letargo nas súas cifras. A nota máis positiva da xornada é Ourense, que despois de experimentar onte o seu primeiro repunte desde abril, hoxe ve de novo rebaixados os seus algarismos: seis casos menos desde o luns. O repunte de Ourense foi mínimo: de 124 casos activos pasou a 127 -hoxe son 121-.

O hospital Polusa de Lugo "engana á poboación” sobre un caso de coronavirus, insiste CC.OO.

O sindicato volve cargar contra a dirección do complexo hospitalario privado, ao que sinala como culpable de “mentir” tanto ao comité de seguridade e saúde do centro como á poboación encubrindo un caso de coronavirus que, segundo o sindicato, non notificou. 

Leve repunte de casos en Ourense, Lugo segue igual e o resto baixa, pero moi levemente


As cifras de Ourense publicadas hoxe polo Servizo Galego de Saúde revelan por primeira vez un aumento no número de casos activos este mes. O gráfico do coronavirus no resto de áreas baixa un pouco, salvo Lugo, que segue igual que onte. En termos xerais, Galicia segue freando o virus, pero cada vez máis amodo.

​Ocultou o Hospital Polusa de Lugo un caso de coronavirus? CC.OO. denúnciao, a dirección négao tajantemente


Desde Comisións Obreiras acusaron á dirección do hospital de tapar un positivo de coronavirus dun traballador. A dirección do hospital privado lucense rebate con contundencia as acusacións

A morte dun septuaxenario en plena rúa é produto da "mala praxe" do SERGAS, sentencia o TSXG

O TSXG aprecia "mala praxe" polo falecemento deste paciente, ao que non se axilizou a intervención tras empeorar o seu estado.

Ningunha das áreas sanitarias galegas sofre repuntes de novos casos, segundo os datos do SERGAS

Galicia segue arroxando datos alentadores no referido ao número de casos de coronavirus activos nas áreas sanitarias galegas. A pesar duns días experimentando pequenos repuntes nalgunhas áreas, este sábado os datos do Servizo Galego de Saúde indican que ningunha das áreas galegas experimenta un aumento de casos esta xornada. Desde onte, a comunidade perdeu 36 casos activos, o que supón un descenso máis lento que onte pero que reafirma a melloría constante en Galicia, que este luns entra na fase 2 da desescalada. 

Unha das residencias do coronavirus dá de alta ou traslada ao últimos catro residentes en Porta do Camiño
A residencia integrada Porta do Camiño, habilitada pola Xunta para atender aos usuarios que deran positivo por COVID procedentes de centros xeriátricos das provincias de Lugo e A Coruña, quedouse baleira desde este venres, tras a saída do últimos catro maiores que quedaban nela.
​Investigadores galegos demostran que os ‘supercontagiadores’ son os responsables de entre un terzo e a metade dos contagios mundiais

A investigación do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) conclúe que a figura dos coñecidos como “supercontagiadores” foi fundamental para a propagación do virus na comunidade galega e no resto do planeta. 

Leve repunte en Ferrol e A Coruña volve reducir os seus casos activos de coronavirus, indica o SERGAS


As cifras do SERGAS sobre os casos activos de coronavirus volven debuxar un panorama esperanzador na conxunto comunidade, que por primeira vez en moitas semanas rebaixa as súas cifras por baixo do milleiro de casos: hoxe son 990 en toda Galicia.

Ourense foi a provincia onde o coronavirus estivo máis presente e A Coruña onde menos, segundo o estudo do SERGAS

A estimación que fai a Consellería de Sanidade é que ao redor de 30.000 galegos están inmunizados. Nese sentido, máis mulleres que homes gozarían de inmunidade: 17.000 por 13.000. 

Segundo día seguido de subida de casos de coronavirus na área da Coruña, segundo datos do SERGAS

A situación entre a área da capital e na área da cidade termal é similar ao que ocorre coa Coruña e Vigo, xa que as dúas teñen cifras parellas: 168 a compostelá; 171 a auriense. Mentres, Pontevedra, Lugo e Ferrol mantéñense como as áreas menos afectadas pola enfermidade.

​Torre de Núñez garante a protección a miles de nenos e nenas coa súa colaboración con UNICEF

A empresa cárnica galega puxo en marcha unha iniciativa xunto á axencia das Nacións Unidas “co fin de paliar os efectos que a crise do coronavirus pode ter sobre a infancia”. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE