Leve descenso nos casos activos de coronavirus en Galicia pese ao brote importado, indica o SERGAS
Os datos do Servizo Galego de Saúde reflicten un descenso pouco pronunciado no número de casos activos na comunidade. Están pendentes, segundo indica o SERGAS a Galiciapress, os resultados de 8 probas PCR no brote do Barbanza. Con todo, e a pesar de que se trata de oito casos menos desde onte, esta é a baixada máis importante no últimos seis días, deixando o descenso diario no -2,3%, a mellor cifra desde o pasado 17 de xuño.
Os datos do Servizo Galego de Saúde reflicten un descenso pouco pronunciado no número de casos activos na comunidade. Están pendentes, segundo indica o SERGAS a Galiciapress, os resultados de 8 probas PCR no brote do Barbanza.
Con todo, e a pesar de que se trata de oito casos menos desde onte, esta é a baixada máis importante no últimos seis días, deixando o descenso diario no -2,3%, a mellor cifra desde o pasado 17 de xuño.
O descenso, iso si, segue sendo moi lento. A media movil do últimos sete días é do -0,6%, sen dúbida unha porcentaxe moi afectada polos leves repuntes que sufriu Galicia nas últimas semanas. Outro factor para ter en conta é o letargo que atravesan moitas áreas galegas. Ferrol, por exemplo, leva instalada nos 12 casos activos desde o 12 de xuño. Ata o de agora non sufriu variacións.
Nunha situación parecida viven a área de Lugo, cos 17 casos que arroxaba o día 17 -a pesar dun leve repunte do que se recuperou só 24 horas despois-, ou Pontevedra, que a pesar dalgunha subida e baixada ten hoxe 8 casos, os mesmos cos que contaba fai once días.
DESCENSOS
As áreas que si perden casos activos son Santiago de Compostela, a área sanitaria afectada polo brote de casos do Barbanza que con todo hoxe conta con tres casos menos que onte. Desde o SERGAS indican a este diario que, polo momento, a cifra de contaxiados polo brote segue nos 9 casos confirmados do domingo. Con todo, inciden en que aínda non teñen os datos das 8 probas PCR pendentes de confirmación.
Ourense, que tamén perde tres casos nas últimas 24 horas, é a outra área que máis baixa. A outra gran noticia pola melloría que rexistra é A Coruña, que esta xornada dá dous casos menos en comparación co luns. Isto supón un alivio para unha área tan castigada como a herculina, que atravesa un momento delicado: ten peores cifras que as que tiña hai dúas semanas.
A que se debe esta tendencia de caída lenta e de repuntes puntuais? En primeiro lugar, a que siguen aparecendo positivos. Todos os días o Ministerio inclúe no seu informe diario un ou dous positivos por PCR en Galicia. Son persoas que teñen o virus e que non o superaron e son contaxiosas.
A isto hai que engadirlle os positivos por anticorpos, que o SERGAS segue atopando entre certos colectivos, como traballadores sanitarios ou pacientes aos que se lle fai PCR antes de operalos.
Segundo os datos de as notas de prensa do SERGAS, este martes 23 de xuño o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 335, dos cales 108 son da área da Coruña, 17 de Lugo, 21 de Ourense, 8 de Pontevedra, 138 da área de Vigo, 31 de Santiago e 12 de Ferrol.
Escribe o teu comentario