​‘SOS Sanidade Pública’ convoca unha concentración o 25 de xuño para denunciar as carencias destapadas pola crise

A falta de medios e material protector que sofren os sanitarios, a crise das residencias de maiores ou as privatizacións son algúns dos motivos nos que se apoia a plataforma para celebrar a protesta. 


|

A falta de medios e material protector que sofren os sanitarios, a crise das residencias de maiores ou as privatizacións son algúns dos motivos nos que se apoia a plataforma para celebrar a protesta.


Aínda que as protestas terán lugar en todas as localidades onde está presente a -plataforma, o centro das mobilizacións será a Praza do Toural de Santiago de Compostela, o próximo 25 de xuño ás 20:30 horas.


Sossanidadepublica 1

Manifestación en defensa da sanidade pública en Santiago de Compostela


Desde a plataforma expoñen unha serie de motivos que levan á organización para saír á rúa para denunciar que a sanidade pública “é necesaria, agora máis que nunca”. Entre os motivos máis destacados, SOS Sanidade Pública sinala as “mentiras” do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao que acusa de atribuírse o mérito de superar a pandemia. “Salvounos o illamento de Galicia, o confinamento e o traballo dos profesionais sanitarios; non nos salvou Feijóo, como el di”, argumentan.


Na mesma liña, desde a organización subliñan que a crise sanitaria que azouta medio mundo “non está superada”. “É necesario recuperar a actividade sanitaria común, abandonada durante estes meses e prepararse ante un posible rebrote”, advirten. Ademais, a plataforma recalca que entre os motivos que levan a convocar a protesta están o peche de camas no verán, as demandas para dotar de “un trato digno, medios, protección e condicións laborais dignas” aos sanitarios, as privatizacións existentes na sanidade ou a falta de investimentos.


A continuación, desde a plataforma fan fincapé na crise das residencias de maiores, onde houbo “medo, horror e morte”. “Esiximos residencias públicas, de xestión pública e con asistencia sanitaria pública e sen discriminacións”, denuncian


Doutra banda, desde a plataforma piden acudir á cita “con máscara e gardando a distancia de seguridade”. Ademais, alentan aos asistentes para levar os seus carteis ou pancartas lembrando algúns dos episodios máis polémicos dos últimos anos relacionados coa sanidade pública galega, como a ameaza de pechar o paritorio do Hospital de Verín, servizo recuperado grazas á presión social, as “privatizacións do Álvaro Cunqueiro”, a crise dos PACs, aínda non resolta, ou a folga de ambulancias do pasado ano. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE