"Rotundo rexeitamento" do Consello de Colexios Médicos ao bono da Xunta: "Dignidade, non frivolidade"

O Consello Galego de Colexios Médicos manifestou este sábado o seu rexeitamento ao bono de 250 euros para traballadores sanitarios, de residencias e de centros de atención á discapacidade que a Xunta anunciou este venres e pediu que se trate a estes profesionais con "dignidade, non frivolidade".

|

O Consello Galego de Colexios Médicos manifestou este sábado o seu rexeitamento ao bono de 250 euros para traballadores sanitarios, de residencias e de centros de atención á discapacidade que a Xunta anunciou este venres e pediu que se trate a estes profesionais con "dignidade, non frivolidade".


Enfermeiras aplauso protestas medicos




Nun comunicado, a organización, que reúne a máis de 13.000 facultativos, mostra o seu "máis rotundo rexeitamento" ante "tan singular medida". "Nosa deontología e o noso xuramento hipocrático impídennos aceptar propinas como esta", indica.


Ademais, destaca que os sanitarios cumpriron coa súa obrigación nestes meses de crise sanitaria e dérono " todo", cunha entrega levada "ao límite" e arriscando a súa propia saúde. Por iso, agora reclaman "estabilidade no traballo, non contratos temporais, e recursos suficientes" para desenvolver o seu traballo "nas mellores condicións de seguridade e eficiencia".

"Nunha palabra, pedimos que a administración nos trate coa consideración debida e reforce o noso sistema sanitario para facer fronte a continxencias como a que vivimos e estamos a vivir", insiste o Consello.


Aínda que traslada o seu "solidariedade" á hostalería, un sector que a Xunta pretende estimular con este bono, que se poderá gastar en restaurantes e aloxamentos, a organización de médicos indica que hai "medios para socorrelo sen caer en medidas pouco serias e que soan aimprovisación".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE