A Coruña reduce casos de coronavirus tras catro días sen baixar, pero Galicia apenas nota o descenso

Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian que a tendencia galega, despois dun vertixinoso descenso nos seus datos o venres pasado, é agora dun descenso moi lento no número dos seus casos activos. 


|

Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian que a tendencia galega, despois dun vertixinoso descenso nos seus datos o venres pasado, é agora dun descenso moi lento no número dos seus casos activos. 


Aínda que A Coruña ve reducida a súa gráfica por primeira vez desde o pasado xoves, a comunidade rexistra a súa peor cifra histórica desde o cambio metodolóxico do mes de abril no referido a descensos diarios: hoxe son só tres casos menos en Galicia desde onte.



A área herculina saíu do seu letargo, marcado por dous lixeiros repuntes, cun caso menos nas últimas 24 horas. Aínda que non se trata dun gran avance, si resulta significativo, especialmente se comparamos a situación da área coruñesa co resto de áreas galegas.


E é que, outra xornada máis, hai máis áreas galegas nun proceso de hibernación este luns que áreas que experimenten un bajón nos seus datos. As áreas de Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol arroxan, por cuarto día seguido, as mesmas cifras que expuxeron o venres, día no que Galicia perdeu máis dun centenar de casos e no que o Goberno central decidía se a comunidade debía ou non pasar á nova normalidade, que estrea hoxe como primeira Comunidade Autónoma que supera todas as fases da desescalada. 


Vigo, pola súa banda, hoxe non ve minguados os seus algarismos, aínda que no caso da área olívica isto só supón a segunda consecutiva xornada na que non ve aliviada a súa gráfica. As áreas que si ven reducido o seu número de casos activos son Ourense e Lugo que, como a súa homóloga coruñesa, perden só un caso nas últimas 24 horas.  


DATOS PARA A PREOCUPACIÓN?

As cifras do últimos tres días convidan a expornos: É preocupante o repunte de casos do sábado en toda Galicia e a caída leve das últimas xornadas? En principio, e por agora, non.





En primeiro lugar porque a tendencia xeral segue sendo á baixa. Aínda que o vés sufrimos a nivel galego un repunte, os casos activos rebotaron un 0,6%, a media móbil a sete días está nunha caída diaria por encima do 5%.




En segundo lugar, porque repuntes de casos activos puntuais en certas áreas levámolos sufrindo hai tempo. Habitualmente duran unha ou unhas poucas xornadas para despois recuperar o descenso. Aínda que o SERGAS nunca explica a que se deben motu proprio, poden deberse ao atraso en lograr negativos en PCR de persoas que deron positivo en anticorpos. Mentres o PCR confirme que non sofren a enfermidade,  que xa a superaron, figuran na lista de casos activos.


En terceiro lugar, porque os informes diarios do Ministerio seguen dando uns datos de positivos diarios en Galicia moi pequenos. 


Por exemplo hoxe, as cifras que remite o SERGAS a Moncloa indican que o sábado só se diganosticó un caso, 12 na última semana e 22 no últimos catorce días. Só Canarias e Murcia presentan mellores cifras de incidencia acumulada, o indicador que mide o número de casos por cada 100.000 habitantes. Comunidades que, por certo, apostaron por non adiantar o estado de alarma, a diferenza de Galicia.


O SERGAS detectou polo menos tres casos con síntomas esta semana, que son poucos pero indican que o coronavirus non foi erradicado do todo en Galicia. 


A media móbil a sete días dinos que cada xornada detéctanse unha media de 1,6 positivos por PCR en Galicia, que é a maior do que levamos de semana pero que implica un repunte moi pequeno, pois o pasado domingo estabamos en 1,1.



DATOS DAS ÁREAS 

Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este luns 15 de xuño o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 348, dos cales 108 son da área da Coruña, 20 en Lugo, 26 en Ourense, 8 en Pontevedra, 140 en Vigo, 34 en Santiago, e 12 en Ferrol.


IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (20)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE