​Feijóo afirma que facer rotacións no persoal das residencias “non é bo” e Eventuais en Loita responde: “Non é o que din as súas políticas”

O colectivo ‘Enfermeiras Eventuais en Loita’ replica as afirmacións do presidente da Xunta e candidato do PPdeG para a reelección, Alberto Núñez Feijóo, que onte dixo que “non é boa unha alta rotación no persoal que coida aos maiores porque supón riscos sanitarios adicionaleEl colectivo ‘Enfermeiras Eventuais en Loita’ replica as afirmacións do presidente da Xunta e candidato do PPdeG para a reelección, Alberto Núñez Feijóo, que onte dixo que “non é boa unha alta rotación no persoal que coida aos maiores porque supón riscos sanitarios adicionais”.s”.


|

O colectivo ‘Enfermeiras Eventuais en Loita’ replica as afirmacións do presidente da Xunta e candidato do PPdeG para a reelección, Alberto Núñez Feijóo, que onte dixo que “non é boa unha alta rotación no persoal que coida aos maiores porque supón riscos sanitarios adicionais”.


A plataforma carga contra o líder dos populares galegos e bota man do historial das políticas aplicadas neste ámbito durante os 11 anos de Feijóo á fronte da Xunta de Galicia. Neste sentido, desde a organización poñen de manifesto que o persoal eventual “máis máis do 40%, estivo e está concatenando contratos de días, en diferentes servizos e cunha rotación elevadísima”.



O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na videoconferencia co xefe do Executivo central, Pedro Sánchez, e o resto de líderes autonómicos.

Enfermeiras Eventuais en Loita responden as políticas sanitarias de Feijóo


“Onde dixen digo, digo Diego”, ironizan desde Enfermeiras Eventuais en Loita, xa que estas políticas de contratación o que provocan é “aínda maiores riscos sanitarios”.


“Non podemos deixar en o  esquezo os riscos aos que estiveron expostos, tanto o persoal do SERGAS como os enfermos, durante o momento máis agudo da epidemia da Covid-19. Debido á eventualidade extrema, o persoal tivo que facer rotacións nas que ofertaban contratos de días soltos en Unidades de Hospitalización con casos positivos de coronavirus, para logo continuar noutras onde se atopaban pacientes susceptibles a infeccións como inmunodeprimidos ou mesmo neonatos”, expón a plataforma.


A continuación, argumentan que a sanidade galega demostrou “unha debilidade enorme” e que esta é unha evidencia que non poden negar “nin sequera os xestores sanitarios”. “Esa debilidade, en parte, vén explicada polas políticas de  redución e a elevada rotación e precariedade do persoal”, lamentan.



A MESMA SENDA E "MENTIRAS"

Estas carencias foron postas sobre a mesa o pasado sábado en Santiago de Compostela durante a manifestación do persoal sanitario que percorreu as rúas da capital galega. A pesar das protestas, desde Eventuais en Loita denuncian que o propio Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade, manifestou que a intención do Partido Popular en caso de ser reelixido é seguir pola mesma liña a pesar das moitas voces críticas contra a súa xestión.


É dicir, continuar apostando polo persoal eventual como man de obra barata e precaria”, critican desde a organización, á vez que advirten que a Xunta e o SERGAS reclaman ás residencias privadas “o que eles non son capaces de facer: nin dar estabilidade nin diminuír a rotación”.


“Ese é o camiño das políticas de contratación do actual goberno da Xunta de Galicia. Mentiras e mentiras. O certo é que nin se fan ofertas públicas de emprego todos os anos, nin existe ese plan de estabilidade que pretendeu vender aos que non coñecen a verdadeira realidade”, conclúen desde a plataforma.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE