sanidad

O CHUAC, con seis plantas só para paciente COVID, pide á poboación que só acuda ao hospital para urxencias
Apela a facer un "bo uso" dos recursos asistenciais e a cumprir as medidas sanitarias
As áreas galegas dan un paso atrás na súa recuperación e todas contan xa con máis dun milleiro de casos activos

Os datos do Servizo Galego de Saúde empeoran esta xornada con respecto á evolución que viñan rexistrando os dous últimos días. O repunte de casos no conxunto de Galicia fíxose notar especialemente en Vigo, que volve liderar a gráfica con 145 casos activos máis, e Lugo, que volve subir tras dous días en descenso. 

Os concellos no alerta vermella volven baixar en Galicia ata os 47 a pesar de incorporar a Sada e Lalín
Os municipios galegos en alerta vermella pola incidencia da Covid-19 baixaron este mércores a 47, dous menos que a xornada do martes, día no que tamén se rexistrou un descenso tras varios días de constante subida. Nesta xornada incorpóranse a este nivel Sada (A Coruña) e Lalín (Pontevedra).
É difícil atopar médicos e enfermeiros "polo dano feito á Atención Primaria durante 15 anos", afirma SEMG
O portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (Semeg), Lorenzo Armenteros, reclamou este mércores "máis" persoal sanitario e "máis" rastreadores para os centros de saúde do conxunto do país.
Santiago, Lugo e Ourense rebaixan as súas cifras de casos activos nunha xornada de melloría nas áreas galegas

Os datos do Servizo Galego de Saúde indican por segunda xornada seguida unha melloría nas cifras galegas no que concierne aos casos activos nas áreas sanitarias.

​O CHUO necesita preto de 60 profesionais máis para as súas unidades de críticos, advirten traballadores

A comisión do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense denunciou os problemas que están a experimentar nas unidades críticos, reanimación e UCI, onde adoecen do suficiente persoal formado nestes campos para garantir a asistencia aos usuarios. 

"O 90% dos centros onde se detectan positivos trátase de casos illados dunha ou dúas persoas” insiste a Xunta

A Consellería de Educación responde as cuestións de Galiciapress por mor da escalada de casos que están a experimentar os centros educativos galegos, algo que xerou moitas críticas por parte de profesores, alumnos, pais e sindicatos. 

Os datos de contagios nas aulas e as improvisacións non inspiran confianza, alertan sindicatos de Educación

Ante a escalada de casos positivos por coronavirus que sofren os centros escolares galegos, Galiciapress indaga na situación na que se atopan os alumnos e docentes do sistema educativo ante unhas cifras da Xunta que xeran desconfianza nos sindicatos.

Os datos de contagios nas aulas e as improvisacións non inspiran confianza, alertan sindicatos de Educación

Ante a escalada de casos positivos por coronavirus que sofren os centros escolares galegos, Galiciapress indaga na situación na que se atopan os alumnos e docentes do sistema educativo ante unhas cifras da Xunta que xeran desconfianza nos sindicatos.

Santiago e Lugo rebaixan as súas cifras de casos activos de coronavirus e ningunha área supera os 60 casos novos

Os datos do Servizo Galego de Saúde esta xornada son, certamente, prometedores no que respecta a a evolución das áreas sanitarias galegas. Aínda que as cifras son malas, con 179 novos casos no conxunto de Galicia, están moi lonxe dos 357 de onte, os 433 do venres ou os 461 do mércores pasado. De hehco, é a menor subida desde o 19 de outubro.


 


A Xunta dá unha semana aos centros escolares para deseñar horarios de clase 'online' para casos de corentena
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade dará unha semana aos centros, a partir dunha resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia (DOG) de forma "inminente", para adaptar os seus horarios a un plan de docencia non presencial. Este activarase para 3º de Primaria e os cursos seguintes no caso de que unha aula completa ou todo o colexio deban gardar corentena pola pandemia do coronavirus.
Unha de cada tres persoas chamadas ao cribado de Muros non acudiu á cita
Un terzo dos veciños de Muros (A Coruña) citados na mañá deste sábado para un cribado de covid non acudiron a realizarse a proba ao centro de saúde da localidade muradá.
Máis dun milleiro de positivos en centros escolares con novos casos en Miño, Camariñas, Viveiro, Teo, Marín ou Tui
A área de Vigo sitúase como epicentro da pandemia tamén na comunidade educativa: 272 casos activos e 12 aulas pechadas
A Xunta ratifica as restricións en Vimianzo, Neda, Narón, Ames e Teo, con indicadores de "alto risco"
As limitacións do nivel 3, como non consumir no interior de bares ou o aforo de terrazas limitado ao 50%, seguen tamén na capital galega
Galicia segue rompendo as súas propias marcas con 755 novos positivos nunha xornada na que se disparan Lugo e Vigo

Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que a situación en Galicia segue á alza e sen perspectiva de que mellore a curto prazo só un día despois de que se decretase o peche perimetral das sete cidades galegas. As áreas sanitarias sofren hoxe unha nova xornada de escalada no referido ao número dos seus casos activos, con Vigo e Lugo experimentando as subidas máis pronunciadas deste sábado no que a comunidade suma 399 novos casos activos ás súas cifras oficiais. 

Case medio centenar de municipios en alerta vermella: súmanse Cervo, A Fonsagrada, A Guarda, Mos, A Cañiza e Baiona

Seguen en situación 3 as sete cidades e súmanse Cervo, A Fonsagrada, A Guarda, Mos, A Cañiza e Baiona

Terceiro día consecutivo coa área de Vigo por encima dos 100 casos; Santiago empeora nunha xornada de ascenso

Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian un día máis a preocupante tendneica da área de Vigo, que nunha semana suma máis de 600 novos casos activos. Hoxe a área olívica volve liderar as cifras galegas nunha xornada no que o conxunto da comunidade suma case 400 novos casos ás súas cifras de casos activos. 



​Técnicos superiores sanitarios alertan da “ineficacia” dos test de antígenos e ofrécense como rastreadores

Desde o colectivo sinalan que este tipo de probas deben ser realizadas polos Técnicos Superiores en Laboratorio Clínico e Biomédico para poder garantir “o correcto uso desta técnica, ademais da seguridade e trazabilidad da mesma”. 

Hai que confinar Santiago? As cifras apuntan a unha levísima melloría e Bugallo fala de "certa estabilización"


As declaracións do conselleiro de Sanidade onte, recoñecendo que este venres é posible confinamento de Santiago desataron a alarma na capital de Galicia. Con todo, ata que punto as cifras de Santiago son tan malas para xustificar un confinamento?

A Fonsagrada denuncia que a opacidade da Xunta cos datos do coronavirus impídelle o control dos brotes
Sostén que, a falta de datos por parte da Consellería, os contagios poden estar relacionados coa residencia

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE