As áreas galegas dan un paso atrás na súa recuperación e todas contan xa con máis dun milleiro de casos activos

Os datos do Servizo Galego de Saúde empeoran esta xornada con respecto á evolución que viñan rexistrando os dous últimos días. O repunte de casos no conxunto de Galicia fíxose notar especialemente en Vigo, que volve liderar a gráfica con 145 casos activos máis, e Lugo, que volve subir tras dous días en descenso. 


|

Os datos do Servizo Galego de Saúde empeoran esta xornada con respecto á evolución que viñan rexistrando os dous últimos días.


O repunte de casos no conxunto de Galicia fíxose notar especialemente en Vigo, que volve liderar a gráfica con 145 casos activos máis, e Lugo, que volve subir tras dous días en descenso. 



A área olívica volve subir por encima do centenar de casos activos máis despois de tres xornadas por baixo desa cifra. De feito, no que ía de semana rexistrara 52 e 54 casos máis respectivamente. Hoxe case triplica as cifras de onte. Ademais, as probas PCR detectaron nas últimas 24 horas 187 novos positivos, cunha positividade do 12,3%, a máis alta de Galicia esta xornada.


A Vigo séguelle en contagios A Coruña, que desde onte rexistrou 120 novos positivos nos seus test, cunha positividade o 8,8%. A tendencia xeral esta xornada en canto á positividade é á alza, despois de mellorar considerablement neste capítulo nos últimos días. A área herculina crece en 65 casos activos máis, a maior subida do día por detrás da área viguesa. 


O maior cambio da xornada, con todo, dáse hoxe en Lugo, unha área que levaba dous días con cifras negativas. Hoxe a área da cidade amurallada retrocede sensiblemente ao sumar 53 novos casos acitvos, despois de que as probas PCR detectasen 72 novos casos cunha positividade do 11,3, a segunda máis alta de Galicia hoxe.


Como Lugo, tamén soben as áreas de Ferrol, con 47 casos novos máis, e Pontevedra, con quince. Con todo, mentres que as PCR rexistraron 64 novos casos na área ferrolá, na área da cidade do Lérez só detectáronse 52 positivos. En canto á positividade, a área pontevedresa conta cunha porcentaxe do 9,5%, mentres que na área da cidade departamental esa cifra ascende ata o 10,6%. 


Santiago de Compostela, pola súa banda, hoxe mostra un comportamento regular, a pesar de subir por primeira vez en varios días a súa porcentaxe de positividade por encima do 5%, cifra que marca a OMS como máximo recomendable. Hoxe é do 6,8% despois de detectar 89 novos positivos no día de onte. Con todo, cífralas da área da capital só soben en dous casos máis despois de dous días en descenso


As mellores noticias esta xornada chegan desde Ourense, a única das áreas galegas que rebaixa a positividade ata o 4,3%, tras contar onte con só 42 novos positivos. As súas cifras de casos activos tamén sofren un descenso pronunciado con 61 casos activos menos desde onte, o seu segundo descenso en 48 horas e o sexto no últimos oito días. 




As boas cifras de esta xornada axudan a rebaixar significativamente a media semanal gallega a pesar de engadir 266 novos casos ás cifras galegas. O 4,1% de subida de onte converteuse no 3,6% de hoxe, 0,5 puntos menos. 





Segundo os datos de as notas de prensa de o SERGAS, este mércores 4 de novembro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.642 , dos cales 1.603 son da área da Coruña, 963 de Lugo, 1.272 de Ourense, 1.082 de Pontevedra, 2.126 da área de Vigo, 1.348 de Santiago e 982 de Ferrol. 



Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (37)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE