Santiago e Lugo rebaixan as súas cifras de casos activos de coronavirus e ningunha área supera os 60 casos novos

Os datos do Servizo Galego de Saúde esta xornada son, certamente, prometedores no que respecta a a evolución das áreas sanitarias galegas. Aínda que as cifras son malas, con 179 novos casos no conxunto de Galicia, están moi lonxe dos 357 de onte, os 433 do venres ou os 461 do mércores pasado. De hehco, é a menor subida desde o 19 de outubro.


 



|

Os datos do Servizo Galego de Saúde esta xornada son, certamente, prometedores no que respecta a a evolución das áreas sanitarias galegas. 


Aínda que as cifras son malas, con 179 novos casos no conxunto de Galicia, están moi lonxe dos 357 de onte, os 433 do venres ou os 461 do mércores pasado. De feito, é a menor subida desde o 19 de outubro.



Ademais, nin unha soa das áreas galegas supera hoxe os 60 novos casos máis nas súas cifras oficiais. Nesta sentida a área de Pontevedra é a que lidera este rexistro, con 55 casos novos, seguida de Vigo, con 52 máis. Na área pontevedresa confirmáronse onte 109 novos contagios nas probas PCR, cunha porcentaxe de positividade do 17,3%, o cal é verdadeiramente alarmante, xa que a positividade na zona disparouse nas últimas xornadas. 


Vigo, pola súa banda, aínda que supera á área da cidade do Lérez en contagios con 155 novos positivos en 24 horas, non ten un índice de positividade tan pronunciado, xa que neste apartado queda no 7,5%, que aínda que é moi alto é case dez puntos máis baixo que o da súa veciña. 


A estas dúas áreas séguelles A Coruña, onde esta xornada as cifras pegan un bote de 34 casos máis, a cifra máis baixa do últimos seis días. Como en Pontevedra a positividade na área herculina tamén se dispara ata o 11,5% despois de rexistrar 104 novos positivos por coronavirus nos seus test. 


Un pouco máis preto en canto a contagios está Ourense, con 87 novos positivos nas súas probas desde o domingo e unha positividade do 7,1%. A ourensá, despois de rebaixar onte as súas cifras en 123 casos menos hoxe suma 23 máis, pero a tendencia é positiva na área auriense. Tamén Ferrol suma hoxe máis dunha vintena de casos, 24 para ser exactos, a subida máis baixa na área da cidade departamental desde o 21 de outubro. Isto mellora notablemente a explosión de máis dun centenar de casos que rexistrou onte, xa que hoxe conta con 48 positivos máis e unha positividade do 8,4%. 


ÁREAS EN DESCENSO

Esta xornada Galicia conta con dúas áreas con cifras en descenso. Santiago de Compostela, a área que viña arroxando as cifras máis preocupantes da comunidade galega xunto con Vigo, rexistra un descenso dunha ducia de casos menos en 24 horas, a súa primeira baixada desde o 6 de outubro. Pero esa non é a única boa noticia, xa que aínda que as PCR detectaron 55 novos positivos, o índice de positividade na área da capital atópase no 3,6%, moi por baixo da porcentaxe de alerta da OMS.


Lugo, pola súa banda, atópase ás portas desa porcentaxe que marca a OMS: 5,1% de positividade na área da cidade amurallada. Desde onte o número de casos activos na área lucense rebaixouse en tres casos menos, despois de contabilizar só 39 contagios máis nos test, a menor cifra de toga Galicia. 




As boas cifras de esta xornada axudan a rebaixar significativamente a media semanal gallega ao engadir 173 novos casos ás cifras galegas. O 5,1% de subida de onte converteuse no 4,6% de hoxe, 0,5 puntos menos. 





Segundo os datos de as notas de prensa de o SERGAS, este luns 2 de novembro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.292, dos cales 1.575 son da área da Coruña, 983 de Lugo, 1.299 de Ourense, 1.049 de Pontevedra, 2.072 da área de Vigo, 1.360 de Santiago e 954 de Ferrol. 


Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (35)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE