48 municipios en vermello no mapa do COVID en Galicia coa entrada de Chantada, Noia e Soutomaior

Entran en aviso máximo Chantada, Noia e Soutomaior, mentres que o número de ayuntameientos en laranxa sitúase en 24.


|

A pesar de entrar tres municipios, a xornada está marcada polos descensos coas saídas de O Carballiño, Barbadás, Verín, Baiona e Monforte de Lemos. 


Doutra banda, 25 municipios atópanse no nivel 2 de alerta con Porto do Son, Cee, Melide ou Bueu. 


Mapa de alertas por municipios en función de novos casos confirmados por PCR en 7 días




Os municipios ourensáns do Carballiño, Barbadás e Verín, así como a localidade pontevedresa de Baiona e a luguesa de Monforte de Lemos deixaron de figurar en vermello este sábado no mapa 'semáforo' que cada día actualiza o Sergas, grupo que marca a máxima alerta polos casos detectados de covid-19 e no que ingresan Noia (A Coruña), Soutomaior (Pontevedra) e Chantada (Lugo).

Deste xeito, o número de municipios sinalados en vermello no mapa sitúase en 48, dous menos que o venres, mentres que son 25 os concellos no segundo nivel de alerta, o laranxa.

Así as cousas, as novidades respecto ao venres é a saída do grupo de concellos en 'vermello' do Carballiño, Barbadás, Verín, Monforte e Baiona. Por contra, ingresan entre os 48 municipios Chantada, Noia e Soutomaior.

Deste xeito, Pontevedra é a provincia con maior número de concellos en 'vermello' cun total de 21: Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, Poio, Pontevedra, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Soutomaior, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Séguelle A Coruña, na que están un total de 19 concellos en alerta máxima: Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Carballo, Malpica, Cabana, Vimianzo, Ordes, Santiago, Ames, Teo e Noia.

Por contra, na provincia de Ourense só hai tres municipios en alerta máxima: a capital provincial (Ourense), Xinzo de Limia e Ribadavia. En Lugo son 5: Cervo, Chantada, Viveiro e Burela, ademais da propia Cidade dás Murallas.

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol --máis de 76 casos nunha semana--, Pontevedra --máis de 96--, Santiago --máis de 112--, Lugo --máis de 112--, Ourense --máis de 120--, A Coruña --máis de 276-- e Vigo --máis de 332--.


Mapa de alertas por municipios en función de novos casos confirmados por PCR en 14 días


25 EN ALERTA LARANXA

No segundo nivel de alerta atópanse 25 municipios galegos, concentrados, do mesmo xeito que ocorre cos concellos marcados en 'vermello', nas provincias de Pontevedra e A Coruña, que contan respectivamente con 7 e 12 localidades en aviso laranxa.

Así, en Pontevedra ingresan este sábado no grupo da alarta laranxa Bueu e Baiona, saen A Estrada, Soutomaior e Gondomar e permanecen Cuntis, Caldas de Reis, Ponte Caldelas, Tomiño e A Cañiza.

Na Coruña, as novidades son a saída de Betanzos, Oroso, Boqueixón e Noia e a entrada de Cee, Porto do Son e Melide. Continúan respecto ao día anterior Valdoviño, Mugardos, Ares, Sada, Cerceda, Ponteceso, Laxe, Zas e Santa Comba.

En Lugo son tres os concellos en cor laranxa --Guntín, Pas e Monforte (entra Monforte, sae Chantada)--; mentres que en Ourense hai outros tres --Verín, Carballiño e Barbadás, todos procedentes do nivel vermello--.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE