Santiago, Ourense e Ferrol rebaixan a súa cifra de casos activos de COVID-19 na mellor xornada en tres semanas

Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que, a pesar de subir en 80 casos máis, Galicia mantén unha tendencia positiva na súa evolución. De feito, este sábado ata tres áreas sanitarias rexistran un descenso no número de casos activos e ningunha supera os 55 novos casos activos máis nas súas cifras oficiais.




|

Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que, a pesar de subir en 80 casos máis, Galicia mantén unha tendencia positiva na súa evolución.


De feito, este sábado ata tres áreas sanitarias rexistran un descenso no número de casos activos e ningunha supera os 55 novos casos activos máis nas súas cifras oficiais.



Estas cifras significan que Galicia sumou 80 novos casos en 24 horas e que a media semanal volve sufrir unha rebaixa ao pasar de crecer un 2,9% a facer ao 2,3%. A cifra de novos contagios é lixeiramente máis baixa que nos dous últimos días, con 639 casos confirmados. Doutra banda, onte realizáronse case 8.000 PCR, a segunda cifra máis alta da semana. 


Con todo, se algo marca esta xornada é o número de altas médicas: 579, récord nesta seguna onda. Con todo, tamén se rexistraron sete decesos e o número de hospitalizados baixou en trece casos. 



Por áreas Vigo lidera, como vén facendo desde hai semanas, a cifra de novos contagios, con 165 novos positivos nos seus test PCR. A positividade na área olívica ascende ata o 8,9% e suma 55 novos casos activos ás súas cifras, o dato máis baixo no últimos catro días. Con todo, no que vai de semana a área viguesa conta con case medio milleiro de novos casos. 


A Coruña empata esta xornada con Vigo ao sumar tamén 55 novos casos activos desde onte. Con todo, a cifra de novos positivos detectados na área herculina é lixeiramente máis baixa, con 135 contagios máis e unha positividade do 9,3%. Neste campo todas as áreas galega atópanse hoxe por encima do 5% que marca a OMS.


A positividade máis alta nas áreas en subida atopámola en Lugo, cun 11% de test positivos, onde se rexistraron 99 novos positivos. A área da cidade amurallada sumou 48 novos casos e acumula catro xornadas seguidas sen arroxar cifras de descenso. Pontevedra, pola súa banda, engade aos seus algarismos 35 novos casos activos despois de detectar onte 75 positivos nos seus test, cunha positividade do 7,4%. 



ÁREAS EN DESCENSO

As mellores noticias chegan esta xornada de Santiago de Compostela. A evolución da área da capital preocupa especialmente na comunidade, pero o certo é que esta semana ofreceu unhas cifras realmente esperanzadoras. Hoxe experimenta o seu maior descenso desde setembro con 40 casos menos. En seis días rebaixou os seus índices en 74 casos menos. Onte a área compostelá contabilizou 71 novos positivos, pero a súa positividade sufriu un salto importante hast o 11%. 



Con Santiago, as áreas de Ourense e Ferrol tamén rexistran unha baixada nas súas cifras. Na área auriense, despois de anotar 54 novos positivos, cunha positividade do 6,6% nos seus test, as cifras minguaron en 35 casos menos. Ferrol, en cambio, baixou en 28 casos tras computar 40 novos positivos nos PCR e contar cunha positividade do 8,1%. Con todo, o descenso en Ferrol, o primeiro desde o 13 de outubro, sitúana de novo como a área con menos casos activos. 


Segundo os datos de as notas de prensa de o SERGAS, este sábado 7 de novembro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.276, dos cales 1.886 son da área da Coruña, 1.157 de Lugo, 1.096 de Ourense, 1.229 de Pontevedra, 2.530 da área de Vigo, 1.289 de Santiago e 1.089 de Ferrol. 


Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (39)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE