Unha de cada tres persoas chamadas ao cribado de Muros non acudiu á cita

Un terzo dos veciños de Muros (A Coruña) citados na mañá deste sábado para un cribado de covid non acudiron a realizarse a proba ao centro de saúde da localidade muradá.

|

Un terzo dos veciños de Muros (A Coruña) citados na mañá deste sábado para un cribado de covid non acudiron a realizarse a proba ao centro de saúde da localidade muradá.


Unha farmacéutica da Farmacia Portal Martínez Soto introduce nunha placa a mostra de sangue que tomou para realizar un test de cribado do coronavirus en Barbadás.



Así, segundo informa a área sanitaria de Santiago, 360 das 540 persoas citadas presentáronse no ambulatorio para que se lles practicase a proba.


En total, 2.086 persoas de entre 30 e 50 anos están citadas entre este sábado e o domingo (en quenda de mañá e tarde) para formar parte dun cribado co que se pretende descubrir casos asintomáticos.

Muros atópase entre os 45 municipios galegos en alerta vermella pola incidencia do coronavirus tras producirse un incremento de casos nos últimos días.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE