O virus, tamén coñecido como ‘virus de Wuhan’ –cidade considerada epicentro da crise sanitaria- xa se cobrou 26 mortos –a maioría pertencían á categoría de ‘pacientes de risco’- e as autoridades chinesas cifran en 881 os casos rexistrados.
Os celadores galegos sairán á rúa unha vez máis o próximo 28 de xaneiro da man da Asociación de Celadores Galegos (ACeG), que se converteu nun altofalante para reivindicar a situación de abandono na que se atopa o sector.
O episodio ocorrido hai uns días no hospital vigués, onde unha nai tivo que facer de tradutora do seu fillo despois de que unha pediatra reclamase "de malas maneiras" que o menor se dirixise a ela en castelán e non en galego, obrigou á área Sanitaria de Vigo a recoñecer o dereito dos usuarios para ser atendidos na súa propia lingua. O BNG pide "responsabilidades" e esixe unha "rectificación" da Consellería.
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que o SERGAS "non respecta os dereitos lingüísticos dos galegos" despois dun episodio vivido no Álvaro Cunqueiro.
O xefe de xinecólogos desaconsellou o traslado da muller a Ourense pola súa situación e o seu expediente, a pesar do que marca o protocolo. "Se cumprimos co protocolo o bebé nace polo camiño", admitiu o profesional médico.
O sindicato reclama saber "cales son os criterios que sustentan o incremento de persoal" que anunciou a administración para estes centros.
Enfermeiros e enfermeiras concentráronse este luns fronte a centros de saúde e hospitais de Galicia no marco do movemento '12 meses, 12 loitas', para denunciar o "baixo cociente" destes profesionais por habitante, que sitúa á Comunidade galega co "peor terceiro cociente".
A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia convocou unha mobilización para o próximo 9 de febreiro en defensa da sanidade pública en Galicia para loitar contra os “recortes de recursos, desmantelamento de hospitais comarcais e abandono dos Centros de Atención Primaria” provocados pola “política sanitaria da Xunta de Galicia”.
Desde o SERGAS confirman a primeira morte por gripe mentres advirten que o pico da enfermidade aínda non chegou a Galicia, mentres que Asturias ou Cantabria xa están en “alerta vermella” pola enfermidade, que xa ten a categoría de “epidemia”.
A Asociación de Pacientes do CHUS critica a situación no Servizo de Urxencias que se viviu na tarde de onte no complexo compostelán, onde "18 pacientes graves esperaban a ser atendidos, en padiolas e cadeiras de rodas, nos corredores de acceso".
Enfermeiras Eventuais en Loita convoca unha nova concentración para o luns 13 de xaneiro, enmarcada no movemento '12 meses, 12 loitas', para reclamar un aumento no cociente de enfermeiros e enfermeiras por cada mil habitantes.
A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (ASMIG) advirte que no día de Reyes foi atendido no complexo hospitalario coruñés unha persoa que presentaba un "cadro viral severo" co diagnostico de Gripe A. Con todo, desde o CHUAC informan que non hai que crear alarma social por este tipo de diagnósticos xa que a Gripe para é "desde 2009" o "serotipo de gripe máis común".