Abraham Mateo confirma a súa presenza nos concertos de Castrelos o día 7 de agosto

O artista únese a Viva Suecia, Chayanne ou Deep Purple no ciclo de concertos de Vigo.


|

Abraham Mateo
Abraham Mateo

 

Xa hai plan en Vigo o próximo 7 de agosto. Aos poucos o ciclo de concertos que organiza o Concello de Vigo no auditorio ao aire libre de Castrelos vaise enchendo de datas, a última co concerto confirmado de Abraham Mateo para o oitavo mes do ano. 

 

 

PLANS DE VERÁN

Abel Caballero, como vén sendo habtiual, foi o encargado de anunciar a actuación a través das súas redes sociais cun vídeo co que presentou a iniciativa. "É un dos mellores artistas de pop urbano do momento", declara o mandatario sobre esta aposta por Mateo.

 

 

Non será, no entanto, o único plan do día na cidade olívica, pois o concerto coincidirá cunha nova edición do festival Ou Marisquiño, que terá lugar do 6 ao 9 de agosto e que volverá encher Vigo de festivaleros, turistas e curiosos cunha ampla porgramación. 

 

 

O de Abraham Mateo é o último nome do goteo de concertos confirmados en Castrelos, arrincando o 2 de xullo -polo menos de momento- con Deep Purple. A Coral Casabranca, a Ópera Carmen e o concerto de Chayanne son as outras datas confirmadas en xullo, concretamente os días 18, 24 e 30.

 

Agosto arrinca o día 1 cunha Noite de Zarzuela e ten a súa continuidade o 9 coa Ópera Nabucco. The Corrs o 11 de agosto, Viva Suecia o 14 de agosto e Iván Ferreiro o 15 de agosto son os outros concertos confirmados até o momento en Castrelos.  
 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE