PSdeG

Inés Rey candidata socialista á alcaldía: “A partir deste momento non hai candidaturas, hai partido”

A avogada impúxose na segunda volta das primarias ao actual portavoz municipal socialista, José Manuel García, próximo a Gonzalo Caballero. Rey, que conta con apoio como o do parlamentario Juan Díaz Villoslada levou o 53,3% dos votos.

Gonzalo Caballero pide "un esforzo" para chegar a un pacto contra a violencia machista

O secretario xeral do PSdeG reivindica a necesidade de "avances" en Galicia fronte á "estabilidade agónica" que representa o goberno de Feijóo e insiste na necesidade de pechar un pacto autonómico. 

Eixo Atlántico reclama que Galicia teña voz propia na relación co norte de Portugal
O organismo presenta ao Grupo Parlamentario do PSdeG un informe coas súas propostas
Os candidatos do PSdeG na Coruña irán a unha segunda volta

O portavoz municipal José Manuel García e a candidata Inés Rey veranse as caras nunha segunda volta por ser o candidato socialista nas eleccións municipais da Coruña. Doutra banda, as candidaturas do PSdeG en Ferrol e Ourense xa son oficiais, do mesmo xeito que en Narón, Marín e Redondela. 

A Marea ficha á ex-líder do PSOE en Pontevedra

María Teresa Casal García, ex-líder do PSdeG en Pontevedra, presentarase pola Marea de Pontevedra. Así o confirmaron hoxe a política e a confluencia en rolda de prensa.

O PSdeG proclama a Gonzalo Caballero como o seu candidato á Xunta

O secretario xeral do PSdeG se comromete a "abrir un novo ciclo en Galicia" para as eleccións de 2020. 

Formoso defende o xiro á esquerda do PSOE
O presidente do PSdeG na provincia da Coruña advirte que os resultados das municipais serán "claves" para afrontar as autonómicas de 2020
Estes son os nomes que compiten nas primarias municipais do PSdeG na Coruña, Lugo e Ourense
Os aspirantes deben agora reunir os avais necesarios para a súa proclamación oficial como candidatos o día 5 de novembro
Bugallo, candidato de novo do PSOE en Santiago salvo gran sorpresa
O decano da Facultade de Dereito, Gumersindo Guinarte, e o exalcalde de Santiago Xosé A. Sánchez Bugallo chegaron este xoves a un acordo polo que o que fose rexedor volverá ser previsiblemente o candidato do PSOE á Alcaldía da capital galega.
Unidade política en defensa de Alcoa

PP, En Marea, PSdeG, BNG, Podemos e Marea Atlántica mostraron o seu apoio aos traballadores da empresa de aluminio. A manifestación contou cunha presenza multitudinaria para loitar contra o ERE anunciado por Alcoa. 

Caballero será o candidato do PSOE á Xunta

A xogada de Gonzalo Caballero adiantando dous anos as primarias saíulle ben finalmente. Ningún membro das agrupacións críticas co líder atreveuse a competir con el.

A xogada mestra de Gonzalo Caballero coas primarias do PSdeG

Se o que pretendía o líder do socialismo galego adiantando as primarias era asegurarse que el será o candidato á Xunta, rózao xa coa punta dos dedos. Unha crónica politica da sorprendente convocatoria de eleccións no PSdeG.

Gonzalo Caballero sorprende convocando unhas primarias para o PSdeG

Os socialistas galegos celebrasen o próximo 18 de novembro as súas primarias para liderar a carrea á Xunta en Galicia. Nesa mesma data tamén se celebrarán as primarias polos candidatos ás alcaldías. 

Así votaría hoxe Galicia nunhas eleccións xerais, segundo o CIS

Un dos aspectos máis polémicos do último barómetro do CIS na inclusión de datos de intención de voto desagregardos por autonomías. En Galicia, o instituto estatal sitúa por diante ao PSOE, con case tres puntos de vantaxe sobre o PP.

En Marea, PSdeG e BNG buscan forzar unha comisión de investigación sobre os recortes na sanidade

Pódese crea unha comisión de investigación en cada lexislatura se o solicitan un terzo dos 75 deputados que pertenzan a un mesmo grupo parlamentario, ou ben os dous quintos da Cámara

Alcalde faise o sueco tras ser ratificada a súa condena por prevaricar


O Partido Popular reclamou a dimisión do rexedor de Camariñas (A Coruña), Manuel Valeriano Alonso de León (PSdeG), tras a sentenza que o condena a catro anos de inhabilitación para emprego ou cargo público por prevaricación, da que o rexedor asegurou non ter constancia.

RedMadre logra 78.500 € das axudas da Xunta a mulleres en situación de vulnerabilidade

A organización antiabortista promovida polo Foro Español da Familia recibiu case 166.000 euros nos últimos dous anos das axudas da Xunta a programas dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade

A tenente de alcalde de Viveiro será a primeira muller subdelegada do Goberno en Lugo

Isabel Rodríguez, a primeira muller en dirixir a subdelegación, di asumir o cargo "con moita ilusión" pero tamén "un pouquiño asustada"

Que partido ten máis militantes en Galicia? Estas son as cifras oficiais

As primarias do PP destruíron un mito. No partido que presume de parecerse máis a Galicia e de ter máis de 101.000 afiliados apuntáronse para votar só 4.222 persoas. Sorprende, e moito, que o enorme poder que acumulan os partidos políticos dependa, en última instancia, dunha cantidade tan pequena de afiliados. Ademais, se no PPdeG -a formación con máis poder real en Galicia- só están interesados en participar 4.222 persoas, cal será o nivel real de participación nos outros partidos? Tenden a militar máis os galegos de esquerda, a pesar de ser derrotados en todas as eleccións autonómicas?

Piden a dimisión da Valedora por "abuso de poder" tras unha sentenza do TSXG

O Valedor do Pobo emitiu un comunicado no que defende que a actuación da institución. Pola súa banda, En Marea e o Partido Socialista esixen a dimisión de Milagros Otero, que, segundo a sentenza do TSXG, cometeu "abuso de poder" e "arbitrariedade" ao designar á irmá do portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy Fraga


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE