"Un país que non sabe coidar aos que coidan está condenado a problemas sociais"
Nicolás González Casares (A Coruña, 1972) sufriu durante sete anos nas súas propias carnes o "demencial" réxime de contratación do SERGAS. Enfermeiro de profesión, extraballador do 061, o ex-tenente de alcalde ía competir pola alcaldía de Lalín cando o PSOE chamouno para as listas europeas. Co número 8 dos socialistas, é o galego que, de acordo ás enquisas, ten máis opcións de entrar no próximo Europarlamento. Nesta entrevista con Galiciapress aborda temas como o avance da ultradereita, os fondos europeos ou a inmigración.
Nicolás González Casares (A Coruña, 1972) sufriu durante sete anos nas súas propias carnes o "demencial" réxime de contratación do SERGAS. Enfermeiro de profesión, extraballador do 061, o ex-tenente de alcalde ía competir pola alcaldía de Lalín cando o PSOE chamouno para as listas europeas. Co número 8 dos socialistas, é o galego que, de acordo ás enquisas, ten máis opcións de entrar no próximo Europarlamento. Nesta entrevista con Galiciapress aborda temas como o avance da ultradereita, os fondos europeos ou a inmigración.
Nicolás González | TVG
Pola liña que debuxaba a súa carreira, algúns esperaban verlle facendo campaña en maio pola alcaldía de Lalín. Sorprendeulle estar nas listas para as europeas?
Mentiría se lle dixera que non houbo certa sopresa cando mo propuxeron e nas miñas perspectivas estaba presentarme en Lalín, pero que o meu partido pensara en min para isto reto e éncheme de orgullo e ilusión e creo que o estou transmitindo en toda a campaña.
Esta será, previsiblemente, a súa primeira experiencia en Europa. Desde que entrou en política, como viu a Europa e ao Parlamento Europeo desde fóra? Que espera ver ao chegar?
Pois si, é a miña primeira experiencia política europea, non en Europa (risas). Eu son un europeísta convencido, supoño que como todos os socialistas e para min a idea de Europa é unha proposta de liberdade, paz e democracia. Nestes anos xestionei fondos europeos e teño bastantes coñecementos das eixos principais das políticas da UE, pero o Parlamento sempre o vin como algo tremendemente grande, de moita responsabilidade, pero non llo vou a negar, ata un punto afastado . O que espero ao chegar...estou tan inmerso nesta dobre campaña que tampouco mo expuxen en exceso .
As enquisas reflicten un gran triunfo do PSOE nas eleccións europeas, con entre 15 e 17 europarlamentarios. Con todo, aos candidatos ás europeas pódelles penalizar que coincidan no tempo coas locais. Que estratexia está a seguir para animar ao voto?
É certo que a coincidencia coas locais, as eleccións máis cercanas aos cidadáns, fai que o foco se dirixa cara a elas, opacando en parte as eleccións europeas. Pero non o é menos que a coincidencia vai tirar da participación nas europeas. Polo tanto, que ambos os comicios coincidan é unha oportunidade para trasladar a importancia destas eleccións e do que nos xogamos no Parlamento Europeo. Sendo a mobilización maior que se se celebraran de xeito independente, os candidatos europeos temos máis oportunidades de achegarnos aos cidadáns pero tamén ás asociacións, organizacións sindicais e empresariais e trasladar os nosos proxectos. E tamén aos medios de comunicación, que non sempre prestan a atención debida ao que alí se decide e ao impacto que ten na vida dos cidadáns
O PP en dous días pasou de ofrcerle ministerios a Vox a denunciar que queren aliarse cos que queren acabar con Europa
Outra lectura que deixa as enquisas é a caída do PP. Vostede argumenta que esa caída débese ao “coqueteo” dos populares coa extrema dereita. Unha extrema dereita que proxecta unha gran coalición en Europa, con Salvini, Lle Pen, Farage e Orbán como impulsores. Así quedou patente en Milán. Preocúpalle esta polarización de Europa?
Entre o orixinal e a copia a cidadanía adoita preferir o orixinal. Pero non é que o argumente eu: só hai que ver o que di unha maioría de dirixentes do PP, ou o cambio de estratexia do seu presidente tras o batacazo das xerais, que en dous días pasou de ofrcerlle ministerios a Vox a denunciar que queren aliarse cos que queren acabar con Europa. Pois así é, lástima que ao PP iso lle dera igual cando todo lle valía para asaltar a Presidencia do Goberno. Eses son os principios do PP...
Dito isto, por suposto que me preocupa o rexurdimento dos peores fantasmas que arrasaron o continente no pasado século, o populismo, o nacionalismo exacerbado. E preocúpame especialmente que aqueles que din compartir os valores europeos asuman parte do dicurso xenófobo e racista da extrema dereita e os acepten na súa familia como o PP con Orbán ou lles abran as portas do goberno, como en Austria, onde os escándalos de corrupción acaban de dar ao traste co goberno. Iso é o máis preocupante, que aqueles que din crer na construción europea e nos valores comúns, e non só o PP, tamén Ciudadanos, blanqueen aos que levan no ADN os males que están detrás do peor da nosa historia.
Vostede mesmo afirmou que a súa aspiración é ser “a voz de Galicia en Bruxelas” e que Galicia non pode quedar atrás esta lexislatura na que se negociarán os orzamentos para o período 2021-27. Que espera conseguir para Galicia neste lustro neste sentido, cando están en xogo tantas infraestruturas mentres se perden cada vez máis fondos europeos?
Galicia xógase moito nos vindeiros cinco anos. A proposta de presupostos está enriba da mesa e, francamente, o proposto pola Comisión non contén boas noticias: recortes nos fondos de pesca, recortes nos fondos agrícolas, tamén nos fondos rexionais...
E sí, para facer frente a eses desafíos e lograr que a voz de Galicia se faga sentir en Europa, nada mellor que voces que poidan influir en grupos de por sí influintes como o Grupo dos Socialistas e Demócratas, o segundo máis grande da Eurocámara, e no que os socialistas españois imos ter ainda máis peso ao aumentar o número de deputados segundo apuntan todas as enquisas.
Non é un lugar común: a influencia dos socialistas españois no Grupo S&D logrou que, por exemplo, o Parlamento Europeo asumira como propias posicións como o aumento dos fondos pesqueiros, o límite de axudas por explotación agraria para primar ás pequenas, dedicar fondos do FEDER específicamente a loitar contra a crise demográfica ou crear un fondo de case 5.000 millóns para a a transición enerxética xusta. Ese é o valor dun grupo influinte, comprometido coa construción europea como é o Grupo S&D. Esa é a importancia de ter voces galegas que inflúan e orienten os posicionamentos dun grupo deste peso.
Nun continente que ve envellecer e minguar a súa poboación, a inmigración non é parte do problema senón da solución
Incide tamén na súa campaña no problema demográfico de Galicia e do abandono e baleiro do interior. Como pode a comunidade reverter esta situación? É a inmigración unha solución e non un problema neste caso?
Desde logo, non coas políticas que está a desenvolver a Xunta de Feijóo, pois na última década non é só que Galicia perdera o 2,46% da súa poboación: é que a poboación entre 15 e 39 anos caeu en case o 25%. Polo tanto, Galicia ten desafíos comúns ao resto da Unión, como é o envellecemento da poboación -as proxeccións demográficas da UE apuntan a que de aquí a 2030 unha de cada tres rexións europeas perderá poboación e a poboación maior aumentará un mínimo do 1% anual-, amplificados por un Goberno incapaz de adoptar estratexias que lle poñan freo.
Iso esixe medidas a nivel europeo, en liña coa proposta socialista, aprobada polo Parlamento, de destinar o 5% ds recursos do FEDER a nivel nacional a investir en zonas non urbanas afectadas por desvantaxes naturais, xeográficas ou demográficas. Mágoa que Ciudadanos, Unidas Podemos e o BNG non apoiaran o regulamento que recolle esta medida.
Iso esixe unha política de cohesión e desenvolvemento rexional forte, como a impulsada polos socialistas no Parlamento Europeo, que asumiu que non haxa recortes neste ámbito, como dixen, sen o apoio de Ciudadanos, Unidas Podemos e o BNG.
É a inmigración unha solución e non un problema neste caso?
Desde logo, nun continente que ve envellecer e minguar a súa poboación, a inmigración non é parte do problema senón da solución. Unha inmigración reglada, por cauces legais, como a que propoñemos os socialistas.
Uno dos apartados cos que terá que batallar en Bruxelas é a controvertida cota pesqueira. Como ve a actualidade do sector? Hai posibilidade de negociar unha mellora nas cotas pesqueiras?
O Goberno socialista negociou exitósamente en decembro as cotas pesqueiras para este ano: logrouse manter a a cota de merluza no caladeiro ibérico tras cuatro anos consecutivos de recortes e agás o rape, suben todos os TAC e cotas das especies principais do sector para o Atlántico e o mar do Norte. Ademais, en canto varias pesquerías para as que España ten cota cero acordáronse ou negociáronse bilateralmente con outros países intercambios para asegurar posibilidades para a flota.
Polo tanto, a flota española comeza a ver os resultados dos sacrificios realizados nos últimos anos para recuperar os stocks en aplicaicón da nova política pesqueira e do principio de rendemento máximo sustentable. Se seguimos por esa liña, os resultados en melloras de cotas continuarán.
Pero son moitos os desafíos do sector: o Brexit e o mantemento do acceso ás augas británicas; a necesidade de recuperar stocks; a necesidade de abrir novas posibilidades de pesca mediante os acordos con terceiros países; o cumprimento da obrigación de desembarque e a necesidade de avanzar cara á eliminación dos descartes, pero facéndoo de xeito gradual, planificado, con prazos suficientes... Aí e na consecución dun fondo marítimo pesqueiro dotado con fondos suficientes centraremos os nosos esforzos.
As enfermeiras galegas son das máis preparadas de Europa , pero se non se toman medidas seguirán marchando de Galicia
Aínda que é posible que pronto o vexamos en Bruxelas, vostede é profesional de enfermería. Seguramente coñeza de primeira man a precariedade da sanidade galega, e máis concretamente da enfermería, que se manifestou nas oposicións de Silleda polos malos tratos que sofren.
Empatizo totalmente coa causa das miñas compañeiras que están en loita, eu sei o que é a eventualidade, pasei 7 anos da miña vida con esa precariedade e multitude de contratos. Un país que non sabe coidar aos que coidan é un país condenado a problemas sociais no futuro, pois as enfermeiras galegas son das máis preparadas de Europa ,pero se non se toman medidas seguirán marchando de Galicia. O sistema establecido polo SERGAS é demencial, compre que se convoquen todas as prazas dispoñibles e dar estabilidade.
Que pode facer desde o Parlamento Europeo polos profesionais da sanidade galega?
En canto ao que se pode facer desde o Parlamento no competencial como vostede sabe non é moito, pero sí podo colaborar na súa denuncia e trasladar esta situación ante as institucións europeas, dun abuso que se está producindo contra traballadoras n unha administración pública que recibe fondos da UE.
Escribe o teu comentario