Pachi Vázquez tentará ser de novo alcalde do Carballiño por Espazo Común, que tamén preséntase por Ourense
Pachi Vázquez leva ata o final a súa aposta por crear unha alternativa ao PSOE en Ourense e lánzase a encabezar a lista de Espazo Común na vila que gobernou durante anos. Na capital, o candidato será Óscar Pérez.
Pachi Vázquez leva ata o final a súa aposta por crear unha alternativa ao PSOE en Ourense e lánzase a encabezar a lista de Espazo Común na vila que gobernou durante anos. Na capital, o candidato será Óscar Pérez.
O que fóra secretario xeral do PSdeG entre 2009 e 2013, Manuel 'Pachi' Vázquez, avanzou que este martes presentará a súa candidatura á Alcaldía do Carballiño (Ournese) baixo as siglas da súa nova formación, Espazo Común.
Presentación en sociedade do novo partido Espazo Común
Segundo el mesmo indicou a Europa Press, fará pública a súa candidatura nunha rolda de prensa que terá lugar o martes ás 11,30 horas nesta mesma localidade ourensá, da que foi rexedor durante unha década --entre 1995 e 2005-- co PSOE.
Pachi Vázquez presentou a finais do pasado mes de febreiro o seu novo proxecto político acompañado por outros xa exmilitantes socialistas como o que fose portavoz do PSOE na Deputación de Ourense, o edil de Piñor, Francisco Fraga.
Os CARBALLIÑESES COÑÉCENO MOI BEN
Deste xeito, volverá aspirar a facerse co bastón de mando dun concello que xa gobernou durante 10 anos. Precisamente, o que tamén fose conselleiro de Medio Ambiente durante o goberno de Emilio Pérez Touriño permanece investigado por un suposto delito de prevaricación continuada en varias contratacións realizadas durante a súa etapa como alcalde deste concello ourensán entre 1995 e 2005. Estas sospeitas esténdense ao seu sucesor no cargo, Carlos Montes, e outros tres edís.
Previsiblemente, no seu novo proxecto para O Carballiño, Pachi Vázquez estará acompañado doutros xa exsocialistas desta localidade, como o exportavoz do grupo de goberno no concello e actualmente edil do grupo de non adscritos, Adolfo Nogueira.
CANDIDATURA O CAPITAL DAS BURGAS
Por outra banda, o novo partido acaba de presentar a Óscar Pérez Carral como candidato á alcaldía de Ourense. O cabeza de cartel é médico de urxencias e "aspira a sacar á cidade da UCI".
#Ourense | Óscar Pérez na súa presentación como candidato á alcaldía: “A política local ten que ver coa negociación continua e con non perder a perspectiva de que ou cidadán é ou centro de todo isto”. #vídeo 📽 pic.twitter.com/NCxLCp0Hms
— Espazo Común (@espazo_comun) 1 de abril de 2019
Escribe o teu comentario