En Galicia, a enquisa do CIS pon ao PSOE moi preto do PP e a PACMA diante de Vox

O presidente de la Xunta desacreditou con afán a última enquisa do CIS. Alberto Nuñez Feijóo insistiu onte que a enquisa pública está tan desprestixiada que unicamente vale como material de faladoiro. Algo curioso, pois o certo é que esta onda non estan desfavorable para o PPdeG como outras previas.


|

O presidente de la Xunta desacreditou  a última enquisa do CIS. Alberto Nuñez Feijóo insistiu onte que a enquisa pública está tan desprestixiada que unicamente vale como material para faladoiros. Algo curioso, pois o certo é que esta onda non estan desfavorable para o PPdeG como outras previas.



Enquisa cis galicia febreiro 2019 electoral

Cadro de a enquisa do CIS coas estimacións estatais e galegas


En previas edicións, o polémico 'CIS de Tezanos' colocaba ao PSdeG por diante do PPdeG. Algo moi sorprendente, incríble para moitos politólogos, dado que os conservadores foron os votados en todas as eleccións xerais e autonómicas no país no que levamos de século.


Na onda de febreiro,  a forza de Feijóo retoma a primeira posición, con un PP con o 21,9% do "voto + simpañía". (produto de estimar o voto directo indicado ao encuestador coas simpatías políticas declaradas). Iso si, os socialistas de pisan os talóns medio punto detrás (21,4%).


Que impacto ten Vox en Galicia? Segundo o CIS, menos que o partido animalista, 2% fronte a 2,6%.  Moi lonxe da terceira posición a nivel estatal que lle deu recentemente a enquisa de Sondaxe.



La duarte pacma

A galega La Duarte é a candidata do PACMA á presidencia do Goberno


Na parte media da táboa, En Marea segue coa súa crise, permitindo a Cidadáns empatarlles no terceiro lugar (8,7%).


Está por ver como afecta isto finalmente á repartición de escanos. De cumprirse o que apunta esta onda do CIS, en Galicia non habería un gran envorco o 28A. 


Pola dereita, parece que o PP poida perder algún escano ante a subida de Cidadáns, pero hai que ter en conta que as promesas das enquisas nunca se materializaron en realidades para os laranxas galegos nin nivel autonómico nin estatal. 


DESGASTE DE EN MAREA

Pola esquerda, o ascenso do PSOE pagaríao En Marea, e pagarao máis se se presenta dividida, como todo parece indicar.


En concreto, o Barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) do mes de febreiro sinala un retroceso de En Marea, que cae catro décimas en intención de voto directa ata situarse no 0,6% polo 1% que tiña a confluencia galega o pasado mes de xaneiro.


Ademais, queda por ver ata onde chega a recuperación de voto do BNG observada nos últimos comicios autonómicos, pois o CIS non pregunta pola fronte nacionalista, hoxe extraparlamentario nas Cortes.


SÁNCHEZ REPETIRÍA DE PRESIDENTE

A nivel estatal, o PSOE  panda preto do 30%. Unha porcentaxe que, a pesar de que Unidos Podemos languidece, permitiría ás esquerdas gobernar sen demasiadas ataduras cos nacionalistas; estimación que pode estar detrás do enfado de Feijóo con Tezanos. "Que Podemos e PSOE teñan maioría absoluta é o que ao señor Tezanos lle gustaría", queixouse onte.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE