Así é Espazo Común, o novo partido de Pachi Vázquez que competirá en ducias de concellos

Como apuntou Galiciapress hai meses, Pachi Vázquez e os seus afíns ían escindirse do PSdeG. Hoxe presentaron a súa marca electoral baixo unha ideoloxía socialdemocrata e galeguista. Algo propio dun "entroido", en opinión do líder autonómico socialista, Gonzalo Caballero.


|

Como apuntou Galiciapress hai meses, Pachi Vázquez e os seus afíns ían escindirse do PSdeG. Hoxe presentaron a súa marca electoral baixo unha ideoloxía socialdemocrata e galeguista. Algo propio de un  "entroido", en opinión do líder autonómico socialista, Gonzalo Caballero.


O que fose secretario xeral do PSdeG entre 2009 e 2013, Manuel 'Pachi' Vázquez, deu a coñecer este xoves en Ourense o seu novo proxecto político, un partido que denominou como Espazo Común e que definiu como un "movemento cidadán de acción política de ámbito galego e socialdemócrata, galeguista, progresista e constitucionalista" que nace para "diferenciarse" do resto de opcións.


Pachi Vázquez presenta Espazo Común, o seu novo partido que presentará candidatura
Pachi Vázquez desvelou este xoves o seu proxecto nunha rolda de prensa ofrecida en Ourense e na que estivo acompañado por varios xa exmilitantes socialistas como o que fose portavoz do PSOE na Deputación de Ourense, o edil de Piñor Francisco Fraga; a exportavoz municipal en Maceda, Ana María Rodríguez; e a exedil en Ourense e exdiputada autonómica María Quintas Álvarez.


POIDA QUE TENTE VOLVER A SER ALCALDE DO CARBALLIÑO
Nunha intervención na que asegurou que teñen candidaturas pechadas para 20 concellos e na que non descartou presentarse como candidato á Alcaldía do Carballiño, destacou que Espazo Común conta con máis de 400 persoas con "ampla traxectoria" política "só da provincia de Ourense". Ademais, indicou que ao redor dun "60 ou 70 por cento" pertencían ao PSdeG.

"Espazo Común non é un nome elixido ao azar. Para moitos de nós, nos momentos actuais de convulsión política, é moi importante buscar ese espazo das cousas que nos unen fronte ao debate do que nos separa", destacou sobre a denominación elixida, que era o nome co que se coñecía á súa corrente interna no PSdeG.

Á súa vez, fixo un chamamento a "todos aqueles anónimos que exercen de espectadores da política" e "aos que tiran do carro dun país" para que se convertan en "actores da política". Ademais, tamén apelou aos que "están pendentes do que pasa" para formen parte do seu proxecto nun contexto no que, na súa opinión, "os grandes partidos políticos esquecéronse diso e convertéronse en ferramentas propias".

Tamén agradeceu a "valentía" a "todos" os que deron o paso de sumarse ao seu proxecto. Aínda que estivesen "algo encabuxados", agora están "felices" e "contentos" cun "proceso de ilusión" que lles permitirá facer o que lles "gusta facer", isto é, "estar coa xente representados e sen unha lea interna interminable", indicou.

PASADO SOCIALISTA
O que fose secretario xeral do PSdeG lembrou que unha parte dos participantes no novo proxecto "sempre" desenvolveran as actividades políticas "nun partido no que había diálogo, tolerancia, convivencia, compañeirismo" e "non era delito dicir cousas distintas", en referencia ao PSOE.

"É evidente que, para todos nós, ese espazo de liberdade e opinión, por diferenzas ideolóxicas e unha nova praxe das direccións, converteuse nun ambiente irrespirable. Pasamos unha páxina que tivo partes moi fermosas, pero hai que mirar cara ao futuro; abrimos unha nova páxina con moita ilusión e moitas ganas de traballar", apuntou nunha comparecencia na que cargou contra a actuación do Goberno de Sánchez en relación ao conflito catalán.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE