Este venres comparecern no Tribunal Supremo, que decidirá o luns se lles permite saír en liberdade provisional.
O maxistrado estuda as súas peticións para obter a liberdade e participar na campaña do 21-D.
O xa falecido Papa Xoán Paulo II deixou para a historia unha frase memorable: "Deus déixase conquistar polo humilde e rexeita a arrogancia do orgulloso".
Compañeiro de veraneo en Sanxenxo, López Seijas pasa por ser o hostaleiro de cámara do Presidente do Goberno e ata non hai moito presumía de fotos con Mas e outros destacados valedores do procés.
Consiste en desviar a atención da cidadanía dos problemas importantes para que sigan na ignorancia do que realmente está a suceder, xogando cos seus sentimentos. "O pobo só é soberano o día das eleccións", dicía o político galeguista Castelao.Mais que sabe que a súa carreira política está finiquitada e algo ten que facer para que o seu partido, o PDeCAT non se afunda máis, reprocha a Junqueras que non volvesen reeditar a lista única liderada por Puigdemont "o correcaminos"."Isto que está a suceder é un pulso que debemos gañar nas urnas", sentenciaba, mentres afirmaba que igual non se está aínda preparado para declarar a independencia, porque non hai unha maioría que a queira, e que a mesma, nestes momentos, ten uns custos de todo tipo que non se saben se se están dispostos a pagar.
Este martes, no Parlament, esperábase -porque así o anunciaban- que o president Puigdemont lese a declaración de independencia.
Os empresarios do Círculo de Economía dirixíronse ao President para que acceda a acudir ao Congreso para reivindicar as súas ideas e sentar a pactar con Rajoy un futuro común, como xa fixo con enorme sabedoría política o PNV.
Todos os xornalistas soñamos, como os descubridores das Américas, con atopar a cidade do Dourado que, na nosa 'estraña linguaxe', chámase a exclusiva, que moitos confunden coa 'primicia', ou sexa, o scoop anglosaxón, que é máis habitual na nosa profesión.
A Fiscal Ana Magaldi non se engurrou e dixo con claridade e valentía que a ela, o outro día, lle chamaron"merda, fascista, vaite de Catalunya, fóra!" porque o coro de nenos cantores de Mas a tomou con esta defensora pública e a institución que representa, tralo xuízo celebrado na Audiencia de Catalunya.
Ninguén sabe como vai acabar esta maldita pelexa á que estamos a asistir nesta Catalunya que tanto queremos e que tanto nos doe. E ao dicir NOS, refírome a todos os que pensamos igual ou diferente sobre o tedioso 'proces' que nos colocou enfronte a uns dos outros.