A Supremo cita para o venres os dirixentes do procés que seguen en prisión provisional

O maxistrado estuda as súas peticións para obter a liberdade e participar na campaña do 21-D.


|

Consellersaudiencianacional

Os ex consellers, sen Junqueras, na Audiencia Nacional.


O maxistrado do Tribunal Supremo Pablo Llarena citou a declarar o vindeiro venres ao ex vicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras, aos outros sete ex conselleiros que non acompañan a Puigdemont en Bruxelas. Tamén están chamados os ex presidentes da Asamblea Nacional Catalana (ANC) e Ómnium Cultural Jordi Sánchez, e Jordi Cuixart, respectivamente.


Deberán responder pola súa participación no procés, causa que o alto tribunal asumiu o pasado venres. Llarena adoptou esta decisión despois de recibir os escritos nos que as defensas solicitan que o Supremo modifique a medida de prisión provisional que foi adoptada pola xuíz da Audiencia Nacional Carmen Lamela.


Iso permitiríalles, tal e como pretenden os ex conselleiros, participar na campaña para as próximas eleccións autonómicas en Cataluña o 21 de decembro.


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada ​O Supremo asume as dúas causas xudiciais contra os dirixentes independentistas
relacionada A xuíz da Audiencia Nacional, a favor de que o Supremo xulgue os dirixentes do 'procés'
relacionada A Fiscalía belga apoia extraditar a Puigdemont, ao que lle esperan "comodidades" no cárcere

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE