A xuíz da Audiencia Nacional, a favor de que o Supremo xulgue os dirixentes do 'procés'

Entende que a investigación debe ser conxunta porque todos os acusados xogaron un papel para lograr a independencia de Catauña.


|

Governcatparlament


A xuíz da Audiencia Nacional Carmen Lamela considera que se deben acumular no Tribunal Supremo as causas que investigan o proceso secesionista en Cataluña porque se trata de delitos "conexos" e por tanto a escisión da instrución "dificultaría enormemente" a investigación conxunta da organización do referendo ilegal e a posterior declaración de independencia, levada a cabo, explica por unha "organización criminal", en referencia aos acusados.


Así o expón a maxistrada que instrúe a causa na Audiencia Nacional contra o ex presidente catalán Carles Puigdemont e os ex conselleiros no seu informe remitido ao maxistrado do Tribunal Supremo Pablo Llarena, que investiga pola súa banda aos ex membros da Mesa do Parlament e que pediu valoración ás partes sobre a posible acumulación de todas as causas xudiciais abertas polo denominado procés.


"A confluencia estratéxica de todas as actividades, perfectamente sincronizada de acordo co plan da organización criminal, foi o que en suma permitiu a celebración do referendo ilegal do 1 de outubro e a ulterior declaración de independencia aprobada polo Parlament de Cataluña", reza o informe.


Catalunyapress ten máis detalles sobre os argumentos da maxistrada.

ANTIDISTURBIOS DO 1-O


Un xuíz ordenou á Policía Nacional que identifique os axentes antidisturbios que actuaron en Barcelona durante a operación contra o referendo de independencia do 1 de outubro.


Nun auto, o titular do Xulgado de Instrución 7 de Barcelona tomou esta decisión despois de abrir unha investigación polas cargas policiais dese domingo, tras admitir a trámite unha denuncia da Generalitat contra a operación despregada por Policía Nacional e Garda Civil.


O xuíz, nun auto anterior, estableceu que a investigación deberá determinar se na xornada de votacións dese domingo se alterou a convivencia social por culpa da actuación dos axentes, dos manifestantes, ou por unha combinación de ambos.


relacionada A Fiscalía rexeita unir no Supremo as dúas causas contra os dirixentes independentistas
relacionada A Fiscalía belga apoia extraditar a Puigdemont, ao que lle esperan "comodidades" no cárcere

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE