Villares (En Marea) xa confirmou os contactos pero insiste en que debe ser unha relación "horizontal" para evitar os mesmos problemas que houbo con Podemos e que ao final contribuíron á ruptura da confluencia. Carolina Bescansa, ex-deputada morada, é un dos nomes que soan para encabezar unha hipotética lista galega. En principio, os de Errejón avalían só presentarse onde teñen máis opcións, en Galicia sería en principio unicamente na Coruña
O líder da formación violeta conserva o seu desexo de formar un goberno conxunto co socialistas pero, a falta de avances determinantes nas negociacións, trasladou ao Rey que manteñen a abstención na próxima votación de investidura. Pola súa banda, Sánchez respondeu a Rivera que ofrece "garantías" para a abstención de Cidadáns, pero desde a forza laranxa manteñen o non ao Goberno en funcións.
Non é non. O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, mantivo esta tarde unha conversación de dez minutos co líder de Podemos, Pablo Iglesias, para rexeitar a última oferta de goberno compartido lanzada polo partido morado. Podemos propuxera un Goberno de coalición cun período de proba dun ano e a garantía de aprobar os próximos orzamentos xerais. Con todo, o xefe do Executivo rexeitou a proposta e cominou a Podemos a apoiar un programa progresista desde a oposición.
Hai que supoñer que a Señora Calvo, esta vez, non vai tomarnos o pelo en nome dos socialistas de Ferraz e que a sopa de siglas que configura Podemos deixará de facer comedia.
As confluencias de Unidas Podemos e Esquerda Unida instan a Pablo Iglesias a facer pública a súa decisión sobre se dará ou non o seu apoio á investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno de España ou se prefire que se repitan as eleccións xerais.
A primeira vista, parece que Pedro Sánchez tomouse en serio o de pactar unha nova política con Pablo Iglesias sen renunciar á súa liña vermella chamada Goberno de coalición. Veremos en que acaba o órdago.
O portavoz de En Marea, agora integrado no Grupo Mixto do Parlamento de Galicia, cargou contra a formación violeta e a súa división en Galicia, liderada por Antón Gómez-Reino. A situación política actual, coas negociacións entre PSOE e Podemos para formar goberno bloqueadas, evidencian que non existe “capacidade política de ningún tipo” a nivel individual, segundo Villares.
A dúas forza progresistas manteñen unha parálise absoluta nas súas posturas, que polo momento afastan a Pedro Sánchez do Goberno e deixan a porta dunhas eleccións en novembro cada vez máis aberta. A vicepresidenta Carmen Calvo confirmou este luns que non existen novos contactos entre as formacións.
Pablo Echenique respondeu á carta enviada por Pedro Sánchez á militancia socialista na que aposta por un goberno 'á portuguesa', que isto significa "acaparar o 100 por cen do poder sen negociar".
A solución que lle vale a Esquerda Unida e á corrente anticapitalista de Podemos é a que hoxe a precisamente puxo sobre a mesa a vicepresidenta. Calvo oferta un acordo programático con obxectivos concretos. A mesma fórmula que usaron para a moción de censura e que lles vale aos críticos con Pablo Iglesias. Está por ver que din os oficialistas morados, pois Echenique xa destacou que o PSOE incumpriu o pacto da moción de censura en varios aspectos, aínda que é evidente que cumpriu outros, como a subida do salario mínimo.
Logo de dúas investiduras falidas de Pedro Sánchez (PSOE) coma Presidente do goberno español penso que hai razóns de peso abondosas para preguntarnos si tanto Pedro Sánchez (PSOE) como Pablo Iglesias (PODEMOS) son os líderes políticos que precisa o actual escenario político español. Pregunta moi pertinente pois o seu protagonismo nunha conxuntura extremadamente favorable para formar un goberno de ampla maioría progresista so se pode cualificar de nefasto.
O presidente do Goberno en funcións asegurou que non tira a toalla pero que "hai que volver ao momento de inicio e explorar outros camiños" polo que chamará aos líderes de ambos os partidos e Podemos.
"Outros camiños" buscará o PSOE tras o esperpento das súas negociacións con Podemos. Unha alternativa -negociar polo menos unha abstención de PP ou Cs- que Alberto Nuñez Feijóo xa enarboraba horas antes de que se consumase o fracaso da sesión de investidura. O líder dos conservadores galegos cre que o seu partido "debería ofrecer aos españois a posibilidade de que o PSOE non goberne cos independentistas". Unha afirmación que choca directamente coa liña oficial de Génova ata agora, empeñada en non dar aire a Pedro Sánchez.
Non foi pois un bo día para a Democracia española, especialmente para “Il Parvo” líder de Cs, que co seu colega e rival “Il Divo” conseguiron que a duración da lexislatura sexa efémera, co que todo iso supón para nosa moi deteriorada economía.
Os de Pablo Iglesias queren ter responsabilidade en sanidade, educación e igualdade e influír en materias sociais como o salario mínimo ou a escolarización de 0 a 3 anos.
O ton dos líderes do PSOE e de Podemos non auguran un acordo que facilite a investidura de Sánchez. Polo menos non ata o xoves, cando o líder socialista necesitaría só máis 'síes' que 'nons'.
Foi unha xornada parlamentaria intensa, mesmo apaixonante, como non a viamos e escoitado fai varias lexislaturas.
O candidato á Presidencia do Goberno fai un discurso social asumible por Podemos, que é clave. Ata agora non hai avances nas negociacións con ambas as formacións.
O PSOE e Podemos empezaron a negociar o programa e as áreas de goberno, tal e como afirmou a vicepresidenta en funcións, Carmen Calvo.