Que Deus reparta sorte

Manuel Fernando González Iglesias

Foi unha xornada parlamentaria intensa, mesmo apaixonante, como non a viamos e escoitado fai varias lexislaturas. Todos os que interviñeron deixaron o seu sinal creativo, que se non malogran unhas novas eleccións -que si o farán- promete ofrecernos grandes momentos de paixón parlamentaria.


A guinda púxoa ao final Santiago Abascal en representación de Vox quen, co seu discurso ao José Solís Ruíz, púxolle a Pedro Sánchez a espada na man para que executase a sorte de matar ante o lote de dous miuras que lle tocaron en sorte nada máis comezar o festexo. Ou sexa, Casado e Rivera, aos que finiquitó cunha estocada ata a bóla co lema "Escoitades?, o que fala é a ultradereita, os mesmos socios cos que gobernades en Andalucía, en Madrid ou en Murcia". Pola cara que puxeron os interpelados, notouse que o inquilino da Moncloa tocáralles irremisiblemente e gañara a primeira parte do debate.


Antes dese epílogo bestial, puidemos presenciar o lance Pablo Iglesias-Pedro Sánchez, que nos deixou tamén moi claro que o líder de Podemos é o que se coñece no argot máis enxebre como un bocas, ou sexa, aquel interlocutor ao que lle falas confidencialmente -que diriamos na linguaxe xornalística 'of the record'- e que á primeira oportunidade déixache en evidencia contándolle a conversación a todo o mundo para ruborizarche ou, o que é peor, para tratar de chantajearte.


Porque este luns, e en sede parlamentaria, Pablo, Pablito, Pablete, que diría o gran José María García, contounos a todos, sen preguntarllo, o que falaran podemitas e sociatas sobre a formación de Goberno, para xúbilo dos líderes de PP e Cidadáns, que se partían de risa ante o desespero de Sánchez e a Vicepresidenta Calvo, que llo miraban atónitos desde os seus escanos, mentres Pepe Borrell poñía cara de asombro, porque a pesar da súa longa experiencia, nunca presenciara unha intervención semellante. Era coma se pensase aquilo de e con este suxeito é con quen vou a formar un Goberno de coalición?


Menos mal que fóra de programa apareceu Abascal, quen coa súa imperial intervención púxolle a ovo a Sánchez unha saída espectacular que lle outorgaría as dúas orellas e o rabo dunha tarde parlamentaria, repetimos, verdadeiramente inesquecible que, de momento, anúncianos que se todo segue así de aquí ao xoves, en novembro teremos eleccións e, como se di nestes casos… que Deus reparta sorte!




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE