Iglesias teme unha alianza PSOE-Máis País: "Non nacemos para apontoar o bipartidismo e procurar o soño plácido dos poderosos"
Os outrora compañeiros de armas, agora proxectan unha loita sen cuartel por acaparar os votos da esquerda e ser a alternativa aos socialistas, aos que o último barómetro do CIS pon en primeira posición a unha distancia moi superior ao resto de partidos.
O líder da formación violeta carga contra Iñigo Errejón, tamén fundador de Podemos e agora dirixente de máis País, que concorrerá ás eleccións xerais do próximo 10 de novembro. Os outrora compañeiros de armas, agora proxectan unha loita sen cuartel por acaparar os votos da esquerda e ser a alternativa aos socialistas, aos que o último barómetro do CIS pon en primeira posición a unha distancia moi superior ao resto de partidos.
Iglesias e Errejón, antes compañeiros e agora adversarios
Comezaron as hostilidades entre Podemos e Máis País, a marca liderada por Iñigo Errejón. Aínda que Pablo Iglesias remarcou que a nova formación non é o verdadeiro rival dos morados, o líder de Podemos criticou que Iñigo Errejón apareza como posible aliado do PSOE.
"Non nacemos para apontoar o bipartidismo e procurar o soño plácido dos poderosos", reprochou Iglesias despois das afirmacións de Errejón e outros membros nas que deixaban entrever que eles si aceptasen o acordo que lle propuxo o Goberno en funcións.
Na mesma liña, Iglesias desmarcouse xa de ser un apoio dos socialistas, xa que Podemos non nación “para decidir se o Goberno é do PP ou do PSOE”.
Segue lendo a noticia en Catalunyapress.
Escribe o teu comentario