Subida salarial a funcionarios: CSIF lanza unha calculadora para precisar canto crecerá o soldo

O Ministerio de Función Pública, liderado por Óscar López, e a titular de Facenda, María Jesús Montero, selaron a finais de novembro un novo acordo plurianual que garante unha subida salarial acumulada do 11% para os funcionarios até o ano 2028. Este pacto, que busca recuperar o poder adquisitivo devorado pola inflación, terá unha repercusión directa e inmediata en Galicia, onde máis de 173.000 traballadores dependen das arcas públicas. Moitos deles poden concretar como crecerá o seu salario grazas a unha nova ferramenta presentada por un dos dous sindicatos que rubricaron o pacto.


|

El presidente del Gobierno, Pedro Sánchez y el ministro para la Transformación Digital y de la Función Pública, Óscar López, durante la firma con los sindicatos del acuerdo alcanzado para la mejora de las condiciones laborales y salariales de los empleado
Arquivo.- O presidente do Goberno, Pedro Sánchez e o ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, durante a firma cos sindicatos do acordo alcanzado para a mellora das condicións laborais e salariais dos empregados públicos

 

A gran novidade deste marco retributivo non son só as cifras, senón os compañeiros de viaxe. A diferenza do acordo anterior (2022-2024), esta vez o sindicato CSIF —maioritario na función pública e habitualmente crítico coas ofertas do Executivo— estampou a súa firma xunto a UXT. O cambio de postura da central independente, presidida por Miguel Borra, outorga unha lexitimidade inédita ao texto, illando momentaneamente a CCOO, cuxa dirección se ausentou do acto da firma e mantén a súa adhesión en suspenso á espera de consultar ás súas bases.

 

O documento contempla unha folla de ruta progresiva que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2025. O obxectivo declarado polo Goberno de Pedro Sánchez é achegar "dignidade salarial" e certeza económica aos traballadores do Estado, as Comunidades Autónomas e os Concellos. Segundo as estimacións sindicais, este incremento permitirá aos empregados públicos recuperar preto de tres puntos de poder de compra perdido durante a última crise inflacionaria, blindando os seus ingresos fronte a futuras oscilacións do IPC.

 

Impacto millonario na Xunta e os concellos

A letra pequena do acordo escríbese en Madrid, pero a factura págase, en gran medida, en Santiago de Compostela. A Xunta de Galicia, como marca a lei, deberá replicar os incrementos pactados a nivel estatal para o seu propio persoal. O presidente autonómico, Alfonso Rueda, enfróntase agora ao reto de encaixar este aumento nos orzamentos galegos de 2025.

 

A comunidade conta cunha marca de empregados públicos, superando a barreira dos 173.000 efectivos si sumamos o persoal da Xunta (sanidade, educación e administración xeral), os traballadores da Administración Xeral do Estado na rexión e os persoais das entidades locais. Para os concellos galegos, especialmente os máis pequenos con orzamentos axustados, a obrigación de actualizar as nóminas suporá unha presión adicional as maltreitas arcas municipais.

 

A organización sindical #CSIF puxo a disposición do persoal público unha ferramenta dixital interactiva que permite calcular de forma áxil e sinxela como se verá reflectido este incremento en cada nómina individual. 

 

A través desta aplicación, os empregados poden introducir os seus datos salariais e obter unha estimación personalizada da evolución das súas retribucións durante os próximos anos. O obxectivo é facilitar a comprensión e a transparencia sobre o impacto do acordo logrado co Executivo.

 

Hai que ter en conta, a subida inclúe tanto incrementos fixos como variables vinculados á evolución económica do país e ao cumprimento de obxectivos do Goberno. Esta fórmula xa se usou en anteriores acordos retributivos, pero nesta ocasión reforzouse a garantía de revisión salarial en función do comportamento da inflación e dos indicadores de crecemento económico.

 

Canto crecerá o meu soldo mensual si cobro uns 1.400 euros?

Así, por exemplo, para un traballador público que cobre uns 1.400 euros mensuais, haberá unha subida até 1435 este ano, 1456 en 2026, que serán 1522  para 2027 pero que se converterán en 1529 si a inflacción dispárase por encima da previsión do goberno, que é do 1,5%. Neste escenario inflaccionista habería que sumar 101,96 a cobrar no primeiro cuadrimestre de 2027 por atrasos de 2026. 

 

De acordo aos datos da calculadora de CSIF, o salario mensual en 2028 sería duns 1.560 euros, o que implica un incremento de 160 euros, aproximadamente, en tres anos. 

 

Iso equivale, aproximadamente, ao incremento 11,4% en tres anos pactado por CSIF e UXT

 



 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE