Logo de dúas investiduras falidas de Pedro Sánchez (PSOE) coma Presidente do goberno español penso que hai razóns de peso abondosas para preguntarnos si tanto Pedro Sánchez (PSOE) como Pablo Iglesias (PODEMOS) son os líderes políticos que precisa o actual escenario político español. Pregunta moi pertinente pois o seu protagonismo nunha conxuntura extremadamente favorable para formar un goberno de ampla maioría progresista so se pode cualificar de nefasto.
Partidos nos que, temos abondosas evidencias, a última palabra téñena sempre os seus respectivos líderes (Pedro Sánchez, Pablo Iglesias). Velaí que a máxima responsabilidade do fracaso nestas negociacións recaía especialmente sobre eles.
Pódese argumentar, e con fundamento, que nas negociacións habidas participaron moitos dirixentes e directivos de ámbolos dous partidos que seguramente condicionaron os resultados. Pero esta evidencia non xustifica por si mesma, moito menos desculpa, os resultados dado que estamos diante de dous partidos claramente cesaristas. Partidos nos que, temos abondosas evidencias, a última palabra téñena sempre os seus respectivos líderes (Pedro Sánchez, Pablo Iglesias). Velaí que a máxima responsabilidade do fracaso nestas negociacións recaía especialmente sobre eles.
Fronte a pregunta de cómo é posible que se frustre desta maneira tan infantil e irresponsable os desexos e esperanzas de millóns de cidadáns é difícil atopar unha resposta convincente mais alá da citada incompetencia duns líderes nos que o ego prima sobre os demais asuntos.
Pedro Sánchez tiña todo ao seu favor. Logo dunha moción de censura que, por primeira vez na curta historia da democracia española, saíu triunfante aparecía no horizonte unha clara opción de cambio que liderada polo PSOE era quen de sumar a maioría dos partidos do arco parlamentario (practicamente todos agás as dereitas: PP, Cs e Vox). Bastaba con que Sánchez seguira a senda marcada. Unha senda que evidentemente non parece fácil percorrer por que os problemas son moitos e moi relevantes pero que resulta imprescindible atravesar. Claro que cruzala dependerá da capacidade e a vontade políticas de quen teñen que dirixir a acción política. Unha capacidade e unha vontade que, como estamos vendo, non están claras. Por si non fora suficientemente indicativa a moción de censura de que para cruzala senda era preciso un amplo acordo parlamentario as eleccións xerais últimas volveron a confirmalo. O PSOE (29,8% dos votos) precisa dun amplo acordo que permita o correspondente apoio parlamentario para liderar con éxito a citada travesía. Pero Pedro Sánchez (PSOE) demostrou axiña, primeiro inmediatamente despois da moción censura e logo a continuación das eleccións xerais, que quere camiñar so. Que quere ser o único protagonista do cambio. Unha opción que, loxicamente, o resto dos partidos que colaborou ao triunfo da moción de censura, lexitimados polos resultados electorais, non comparte. Algo que Pedro Sánchez puido comprobar claramente cando nas dúas sesións de investidura so conseguiu o voto de 1 deputado (PRC) amais dos do seu grupo parlamentario. Un resultado que sumado ao desplante das dereitas, as que mendigou dun xeito magoante a súa abstención, debera ser suficiente para cuestionar decisivamente tanto a súa estratexia como incluso a súa propia candidatura e liderado.
Pablo Iglesias estaba diante dunha oportunidade única de demostrar tanto a súa madurez como dirixente político como as vantaxes que para a democracia española supón contar coa presenza dun partido como PODEMOS. Pero desaprovéitoa lastimosamente. Unha vez mais o seu ego, e o infantilismo político de moitos dos seus compañeiros dirixentes, está a punto de desaproveitar unha oportunidade real de cambio. Unha vez mais puxo o carro diante dos bois. Dados os resultados electorais PODEMOS ten que estar a espreita da oferta do PSOE e logo actuar, non o contrario. E diante do claro rexeite do PSOE a formar un goberno de coalición con PODEMOS entre tódalas opcións posibles Pablo Iglesias escolleu a peor: o choque de trens. Lamentable erro cando o tiña moi fácil: ben aceptar a última oferta ben facilitar a investidura quedando fora do goberno nunha posición de apoio crítico. Os seus votantes llo houberan agradecido e apoiado. Ten razón ao sinalar que o principal responsable da actual ruptura é o PSOE pero que valor político ten isto aparte do partidista?
Esperemos que as augas volvan ao canle do que nunca deberon saír e non haxa que volver a unha novas eleccións. Sería o recoñecemento dun enorme fracaso e abriríase a porta a un posible goberno das dereitas
Esperemos que as augas volvan ao canle do que nunca deberon saír e non haxa que volver a unha novas eleccións. Sería o recoñecemento dun enorme fracaso e abriríase a porta a un posible goberno das dereitas. Nembargante resulta indiscutible que a imaxe pública tanto de Pedro Sánchez como de Pablo Iglesias quedou moi, moi tocada. Pero peor sería se as esperanzas de millóns de cidadáns do estado español quedaran frustradas. Sería imperdoable.
Escribe o teu comentario