Podemos Galicia

Alcaldes, deputados e ata 800 militantes das mareas din basta a Villares

A división en En Marea é de tal calado que pode acabar nunha escisión do grupo parlamentario ou na saída de Luís Villares. Así llo confirmaron a Galiciapress fontes dos dous bandos enfrontados sobre a continuidade de Paula Quinteiro, a deputada involucrada nun barullo coa Policía Local. Os defensores da parlamentaria presentan un manifesto que conta con máis de 800 apoios, incluídos deputados, alcaldes e cargos de, entre outros, Marea Atlántica, Compostela Aberta, Podemos e ANOVA.

Podemos Galicia critica as consultas ás bases sobre o chalé de Iglesias e a dimisión de Quinteiro

Desde mañá, os inscritos poden votar na consulta de En Marea sobre a dimisión de Paula Quinteiro, a deputada implicada nun suposto  incidente coa Policía. Unha consulta que "non ofrece garantías", segundo unha misiva enviada á militancia morada (carta completa no interior). Os militantes de Podemos Galicia, ademais, deberán pronunciarse sobre o futuro de Pablo Iglesias por mor da compra lla súa casa. A Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galicia, estas dúas consultas parécenlle inadecuadas.

Podemos Galicia pide "respecto" ao "señor Villares"

O ton da intervención da líder do partido morado en Galicia revela ata que punto están tensas as relacións na confluencia a nivel autonómico. Pola contra, para as municipais, Santos recoñece un diálogo para revalidar as mareas. 

Villares pídelle á deputada Quinteiro que siga o exemplo do deputado que dimitiu

O portavoz de En Marea quita importancia ao peso de Podemos Galicia, cuxo número 2 tivo que dimitir hoxe por falsear o seu currículo, no seu grupo Parlamentario: "A única correlación de forzas interésame é a de En Marea e o PP"

Villares pídelle á deputada Quinteiro que siga o exemplo do deputado que dimitiu

O portavoz de En Marea quita importancia ao peso de Podemos Galicia, cuxo número 2 tivo que dimitir hoxe por falsear o seu currículo, no seu grupo Parlamentario: "A única correlación de forzas interésame é a de En Marea e o PP"

Dimite un deputado de Podemos Galicia polo seu currículo falso

Alega que o seu caso é diferente do da presidenta da Comunidad de Madrid, pero o número 2 da Secretaría de Podemos Galicia presentou este venres a súa renuncia.

Podemos e ANOVA advirten que a unidade de En Marea pode chegar a correr perigo

A crise da confluencia agrávase antes de entrar na data decisiva. Podemos Galicia marca territorio e chama a "reconstruír o espazo político do cambio". O portavoz Villares mantense firme e segue pedindo a dimisión de Paula Quinteiro. Desde ANOVA xa recoñecen que o debate é tal que se xerar "obstáculos" á "unidade popular". 

"Este fin de semana rompe En Marea", prognostica o PPdeG

O portavoz da confluencia deulle unha semana a Paula Quinteiro, a deputada implicada en barullo coa Policía, para dimitir. Os conservadores tómanlle a palabra a Luís Villares e prognostican que se marchará Quinteiro do grupo parlamentario acompañada doutros anticapitalistas, ou quen dimitirá será o propio Villares. Mentres, desde ANOVA pídese tranquilidade ante unha situación interna moi tensa.

Podemos irá ás eleccións de Pontevedra co seu propio nome

O partido morado participa agora na Marea de Pontevedra. Isto non sucederá nos comicios do ano que vén, polo menos sen que apareza o nome de Podemos na papeleta, segundo os resultados coñecidos este martes.

A esquerda galega antisistémica e as Eleccións Municipais

Son moitas as evidencias en Galiza que apuntan a que este pais precisaría dun paso pola esquerda –varias lexislaturas- para así abandonar a súa condición de periferia. O longo período de goberno conservador (34 de 41 anos) coas súas políticas neoliberais non fixo mais que acentuar os perfís periféricos de Galiza (escaso e precario emprego que favorece a emigración, deficitario estado de benestar que acentúa as desigualdades sociais, sectores produtivos básicos en decadencia e desorden urbano e rural que intensifican os desequilibrios territoriais, deterioro medioambiental, etc). Galiza precisa dun goberno de esquerdas, pero dunha esquerda antisistémica que, coas ideas moi claras, poña en marcha políticas que rompan esta dinámica histórica. Políticas que, por outra parte, son posibles si hai vontade de levalas adiante e se tecen as alianzas precisas.

Apoio masivo ás mareas locais en Podemos Galicia

A formación 'morada' deixa a porta aberta a participar sen as súas siglas onde haxa "marcas consolidadas". O apoio situouse no 89% en Santiago de Compostela, case o 89% en Vigo, o 86% na Coruña, Lugo e Ourense, o 83% de Pontevedra e o 80% en Ferrol.

Podemos quere coalicións na Coruña, Santiago e Ferrol
Carmen Santos incide en que a organización aposta polas "alianzas" nas mareas aínda que enxalza o valor da marca 'Podemos'
​Podemos reclama unha investigación sobre os "tentáculos" da Gürtel en Galicia

Carmen Santos apela aos testemuños de Correa e Pablo Crespo para impulsar unha comisión no Parlamento.

Podemos Galicia marca as “liñas vermellas” do partido para 2019

O novo regulamento interno de Marea Atlántica contradi o código ético da formación morada. 

​Podemos Galicia depurará o seu censo para as votacións sobre as municipais

Tratan de evitar que os máis de 7.000 inscritos que non participan o fagan só nas consultas internas.

Marea Atlántica rexeita coaligarse con Podemos nas municipais

Así o anunciou Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, que á súa vez deixou aberta a posibilidade de crear alianzas municipais. 

Podemos Galicia recúa no "debate das siglas"

Tanto a formación morada como En Marea recoñecen a autonomía á hora de elixir o nome das candidaturas municipais. 

Podemos Galicia quere as súas siglas nas municipais

Carmen Santos defende que a palabra Podemos "suma". A súa estratexia seguirá sendo a de candidaturas de confluencia.

Podemos Galicia aposta nun documento interno por un "federalismo asimétrico"

A súa opción pasar por diferenciar as "nacionalidades históricas". Os críticos reactívanse contra Carmen Santos.

O conflito catalán tamén provoca tensións nas "alianzas" de Podemos Galicia

Carmen Santos di que a formación "revisará alianzas" se hai "diferenzas indisolubles" sobre a configuración do Estado.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE