Podemos irá ás eleccións de Pontevedra co seu propio nome

O partido morado participa agora na Marea de Pontevedra. Isto non sucederá nos comicios do ano que vén, polo menos sen que apareza o nome de Podemos na papeleta, segundo os resultados coñecidos este martes.


|

ou00c1nxela Rodriguez Podemos Pontevedra Screenshot from 2018 04 04 09 24 29

As bases do Círculo de Podemos en Pontevedra apoiaron cun 82,91% dos votos emitidos a proposta do secretario xeral, Pablo Iglesias, para acudir ás eleccións municipais coa marca da formación morada.


Esta consulta foi valorada de forma positiva este martes polos membros do Círculo Podemos Pontevedra, a deputada no Congreso Ángela Rodríguez e o parlamentario autonómico Marcos Cal.

Tras a consulta e seguindo o mandato dos inscritos, nas próximas semanas o Círculo Podemos Pontevedra iniciará negociacións con distintos actores na procura dunha fronte ampla co que afrontar as próximas citas electorais. Ademais, o círculo tamén prevé elixir ao seu portavocía en próximas datas.

XUNQUEIRA DE ALBA
Na rolda de prensa, o Círculo Podemos Pontevedra denunciou o "novo ataque" que podería sufrir o Espazo Natural de Interese local Xunqueira de Alba se leva a cabo a construción prevista dunha área comercial no Vao. Fronte a iso, presentará alegacións no prazo previsto pola administración local.

A inmobiliaria Ponteno, do Grupo Nogar, leva máis de quince anos tramitando a ampliación do polígono comercial e empresarial do Vao, á beira da autoestrada AP-9 e da estrada entre Pontevedra e Vilagarcía a PO-531.

Nestes días finaliza o prazo aberto pola Dirección Xeral de Comercio para conceder a autorización que, xunto ao permiso de Costas para facer o aparcadoiro, son trámites necesarios para que a promotora desta área comercial poida solicitar a licenza municipal para iniciar as obras de construción dun parque con 15.140,56 metros cadrados edificables.

A inmobiliaria Ponteno informou do interese por instalarse neste emprazamento das marcas Decathlon, Norauto, Vegalsa-Eroski, Aki e JYSK.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE