A Comisión Europeal lanza un ultimato ao Goberno español polas irregularidades detectadas na prórroga das concesións das peaxes nas autoestradas AP-9 e AP-66, situándoas no punto de mira por unha posible vulneración das regras da Unión Europea sobre contratación pública e concesións de infraestruturas. Esta advertencia de Bruxelas chega en forma de ditame motivado, a segunda fase dun procedemento de infracción que, de non finiquitar nun prazo de dous meses, podería terminar ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE).
A baixada de peaxes e a transferencia da infraestrutura forman parte do acordo polo cal o BNG apoiou a investidura
"Unha máquina de facer diñeiro". Así define a Plataforma Empresarsial de Afectados AP9 a autoestrada do Atlántico. Levan varias presentacións por toda Galicia para animar aos condutores para sumarse á demanda colectiva contra a concesionaria da Autoestrada do Atlántico; do mesmo xeito que fixo a Fiscalía, pero o ministerio público non representará nin autónomos nin a empresas.
Da reunión entre Audasa, concesionaria da AP9, e o Ministerio de Fomento sae un compromiso, aínda que moi limitado, de compensar aos condutores que a diario ven atrapados nunhas obras que, en teoría, foron aprobadas este Nadal. Ademais, o Estado anuncia medidas especiais ao fío da ponte do Día dás Letras Galegas.
A cerimonia na que o presidente do Goberno inaugurou a ponte de Rande este Nadal veu seguida de meses de colapsos, pois as obras non estaban acabadas e de feito Fomento di agora que quedan polos menos dúas semanas máis. Iso se, Audasa, a concesonaria, puido subir as peaxes. A oposición pide explicacións a un ministro que non se digna a recibir aos alcaldes dunha das zonas afectadas.