O presidente do goberno anuncia en Santiago que mañá baixará a peaxe da AP-9
A baixada de peaxes e a transferencia da infraestrutura forman parte do acordo polo cal o BNG apoiou a investidura
A baixada de peaxes e a transferencia da infraestrutura forman parte do acordo polo cal o BNG apoiou a investidura
Este anuncio fíxoo Sánchez durante a súa intervención na cerimonia de entrega das Medalla de Ouro de Galicia ao persoal de vacinación. O acto estivo presidido tamén polo rei Felipe VI e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, aproveitou a súa intervención para recalcar o "compromiso" do seu gabinete coa "chegada inminente" da alta velocidade ferroviaria a Galicia e para anunciar unha "rebaixa histórica" de peaxes no próximo Consello de Ministros a través de bonificacións "que van supoñer un aforro de 2.300 millóns de euros".
Escribe o teu comentario